"Non é fácil falar dun mesmo así de corrido", lemos na bitácora do voceiro nacional do BNG.
19 de maio
"Fixemos entrada nunha gris e case chuviosa Coruña. Alí membros da Asociación de Taxistas de A Coruña tiveron un bonito detalle con nós, insistiron en levarnos até a comercial rúa de Barcelona. Foi un xesto agarimoso. Abandoamos a plataforma ferroviaria para confundirnos no tráfico de vehículos da urbe coruñesa. Camiñamos pola senda comercial con pausas constantes. Entramos nos comercios, falamos da situación do pequeno comercio, das súas dificultades para asomar a cabeza nun entorno de xigantes áreas comerciais".
18 de maio
"Agasallamos aos camiñantes cunha orixinal ideia do noso cabeza de lista vigués, Santi, un libro que ten por nome: A cidade do corazón agochado. Recrea a historia dun neno recén chegado á cidade olívica, como vive eses primeiros instantes nun medio que lle resulta hostil e os acontecementos se sucuden".
17 de maio
"Explicito o desexo de que a lingua nai de Galiza vaia no pensamento, baixe do miolo cara a tráquea e sexa o vehículo de expresión das cordas vocais de todos os galegos e galegas".
16 de maio
"O ordenador está colgado como se dí en lenguaxe informática. Antes de saír para a miña segunda casa, o automóvil, sentéime diante da computadora a escreber e respostar a algúns dos vosos emails. Pero nada. O reloxio ese que sae cando esta traballando ficou na pantalla polo menos durante uns quince minutos".
9 de maio
"Recoñezo que ao primeiro amosei un pouco de estraneza pola cousa do blog. Non séi, o de falar de mín mesmo non me convencía. Son reservado, pois si, e non me vía en semellante situación".
Menudo pájaro...lo reabre para pedir el voto y luego otra vez echará el cierre hasta las próximas elecciones.
Vaya, vaya, con el burgués alaricano...
Gaviotero, filho da puta, espanhol da merda. Vaite con M. Angel Blanco.
o ultimo sobraba non?.
todos sabemos xa como é o paxáro este...
tigalego teu patriotismo deixame abraiado.
Calquera che contradi. ¿por que non con Tomás e Valente ou Ernest Lluch? Total a ti que máis che dá, se molestan ¿non?
Se ti foses ministro de Facenda, o que non pague os impostos, morto. Se ser independente significase ter no goberno persoas como ti, pensaríamo.
Non vou entrar no que aquí se leva comentado, mellor non facelo.
Só dicer que dende os 18 anos que puiden votar por primeira vez e ata os 44 que teño fun votante do BNG. Nestas eleccións o meu voto será en branco porque estou profundamente defraudado coa vosa acción no governo e con todos eses "colocadillos" e "culturillas" que me fan ver que o que hai non é moito mellor que o que había. Xa o dicía o meu avó: - Neniño, sonche todos iguais, vanche ao mesmo.
Por certo Quin, coa bitacoriña véseche o plumeiro, ti tamén vas ao que vas e non pretendas que nolo creamos, compórtate coa normalidade que te caracterizabas e ao mellor deberías de rodearte doutra xente un chisquín máis "sana"...
Polo demais, que vos vaia ben.
Certamente mosquea que o Vicepresidente da Xunta reabra o seu blog só para as eleccións municipais... pero a mín preocupame máis que NUNCA O ABRIRA VERDADEIRAMENTE á participación cidadán...!
Un dos poucos candidatos do BNG que se está a mollar na rede (a pesares dos pesares) é Santiago Dominguez en VIGO que responde persoalmente a tódolos comentarios libres que se lle fan no seu blog... outros moitos nin siquera permiten colocar post nos blogs ou como o propio Quin teñen só habilitado o correo persoal para comunicarse privadamente cos cidadáns... (e conste que eu fun dos que tiven a 'sorte' de recibir TRES correos privados do señor Vicepresidente)
Pero... NON COMPRENDO que medo teñen xentes coma Henrique Tello pola Coruña en abrir ós lectores os seus Blogs de Campaña!
¿Veñen pedir o noso VOTO e nin siquera teñen confianza no que podamos dicirlles?
Claro que a xulgar por algúns comentarios que me preceden podese comprender parte dos seus temores... jajaja
O dito... a política no século XXI xa non ten cabida no estreito marxe das Listas Pechadas... e as novas tecnoloxías están para algo máis que para 'escribir diarios intimos'...!
Para máis información sobre os Blogs que permiten a Participación dos Cidadáns aqui vos deixo este enlace colaborativo para que axudedes nesta tarefa titánica (pola paciencia que hai que ter cos politicos de salón que nos están a tocar en sorte)
http://wiki.chuza.org/wiki/Politica
Sorte a todos!