Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Nace a UFEDEGA

As federacións galegas unen esforzos para loitar polas subvencións

A idea de futuro é conseguir que todos os deportes galegos federados terminen por se unir á asociación. Aínda non están nela as federacións de fútbol e vela.

Redacción - 10:23 21/05/2007
As federacións deportivas galegas únense nunha asociación

As federacións deportivas galegas únense nunha asociación

A UFEDEGA é a Unión de Federacións Deportivas Galegas, que esta semana ficará constituída como asociación, presidida polo representante da Federación Galega de Triatlón, Francisco Villanueva.

Está formada por 23 federacións galegas: a de fútbol sala, esquí náutico, tiro con arco, natación, pelota, baloncesto, balonmano, tenis, caza, xudo, halterofilia, karate, bóleibol, loita, xadrez, billar, tiro olímpico, tenis de mesa, atletismo, piragüismo, taekwondo e surf. Mais, a curto prazo, o recén elexido presidente, Villanueva, considera que se han unir unhas 6 máis, que xa case están comprometidas coa nova asociación. Quedan aínda á marxe dous dos deportes federados galegos máis destacados; o fútbol e maila vela.

Esta unión de federacións nace para poder contar cunha asesoría fiscal e económica común a todos os deportes galegos que forman parte do colectivo, alén dunha mutua para todos. A asociación réxese por un sistema de asembleas -xa levan tres e na última escolleron presidente e xunta xestora- e ten como principal pretensión poder unir forzas para que todos os deportes loiten conxuntamente na "caza de subvencións", para poder recibilas e cobralas de xeito rápido, e non como din as federacións que ocorre agora, cando para se financieren deben recorrer aos créditos e ter que pagar os intereses correspondentes, mentres agardan polas axudas que tardan en chegar.

Na segunda feira os presidentes das federacións galegas e a Consellería de Cultura e Deporte celebran unha xuntanza en Compostela nun acto no que a UFEDEGA será presentada á conselleira Ánxela Bugallo e aos membros da Secretaria Xeral para o Deporte.


4,67/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: