Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo de que Patrimonio denunciara os feitos

A Fiscalía investigará se se chegou a espoliar un galeón en Fisterra

Mariscadores da zona afirman que mergulladores da Armada baixaron até o buque.

Redacción - 12:46 21/05/2007

A Fiscalía de Patrimonio abrirá dilixencias informativas para aclarar se un galeón do século XVI afundido fronte ás costas de Fisterra sufriu un espolio. Fontes deste departamento consultadas por Vieiros sinalaron que están á espera dos informes de Cultura e das forzas de seguridade para estudiar se houbo algún tipo de delito.

Os feitos ocorreron o pasado día 11. Varios mariscadores afirman teren visto a mergulladores da Armada traballando no lugar exacto onde está o buque. A raíz destas declaracións, a Dirección Xeral de Patrimonio decidiu presentar poucos días despois unha denuncia diante da Garda Civil do Mar.

Os restos do galeón están afundidos a pouco máis de seis metros de profundidade na zona do Rastrelo (praia do Sardiñeiro). Dase a circustancia de que a Consellería de Cultura comezara os trámites para facer un estudo pormenorizado do barco. Agárdase que esta semana mergulladores contratados pola Xunta comproben se faltan pezas do galeón.


Ligazóns

5/5 (8 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: