Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FALA DE INVESTIGACIÓNS INTENSAS

Ameijeiras suxire que a policía ten identificados a membros de Resistencia Galega

A delegación do goberno español atribúelle a colocación de explosivos en diferentes puntos do país.

Redacción - 13:20 21/05/2007

O delegado do goberno español, Manuel Ameijeiras, asegurou hoxe que as forzas de seguridade agardan ter resultados axiña nas investigacións do grupo independentista Resistencia Galega. Ameijeiras subliñou que está a haber un traballo “intenso” e insinou a posibilidade de que haxa detencións nun curto prazo de tempo.

A delegación do goberno español atribúelle a Resistencia Galega a colocación de explosivos nunha urbanización de Cangas do Morrazo e no polígono lugués do Ceao e o incendio nunha máquina que traballa na construción do AVE en Compostela.


Ligazóns

3,9/5 (10 votos)


Comentarios (1)

lavesedo #1 21/Maio/2007 lavesedo

Pois claro que os teñen identificados!!! Están a agardar que rematen as eleccións para os coller. Namentres, estes da ReGa fanlle o traballo ao PP pondo bombas en concellos onde o independentismo, mais non o seu claro!, pode sacar bos resultados electorais, como Cangas.
Entre a falta de intelixencia dos ReGa e o uso noxento que deles fai a policía e o Estado Español imos fodidos!
Non se decatan estes da ReGa que o PP os está a empregar como baza electoral?? Corina Porro en Vigo falando de analoxías entre o lema do BNG "Súmate á revolución" e as súas accións, o Sotelo en Cangas a dicir que xa volven "os das bombas", Mayor Oreja a falar dos etarras pola Galiza, os medios de comunicación a dar novas todos os días dos "temores" dos picoletos de que pasen a facer cousas peores os da ReGa...En fin!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: