Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
rali

"Bamarti" gaña o Rali do Albariño

O piloto galego da escudería Lalín-Deza repetiu título nunha proba chea de curvas das que era bo coñecedor. Vilariño, o seu rival no campionato galego, quedou segundo.

Redacción - 13:15 21/05/2007

O piloto de Cuntis controlaba á perfección o percorrido e subido no seu Peugeot 306 Maxi Kitcar situouse na primeira posición nada máis arrincar.

Saíu con moitísima velocidade, seguido de preto de Luis Penido, que, por mor dunha avaría tivo que deixar a competición. A seguir viñan Luis Vilariño e Fernando Rico, que colleron protagonismo cando "Bamarti" reduciu un chisco a velocidade, tras pasar os seis tramos da mañá e o primeiro da tarde, e tentar evitar os perigos das cunetas, que estaban cheas de público.

Os dous pilotos aproveitaron o seu momento, e, tras os tempos asinados por "Bamarti", chegou Vilariño a 31 seg. deste, e Rico a 35. En cuarta posición quedou o lucense Chelín Gómez, que mantivo durante toda a carreira un emocionante pulso con Roberto Blach, que finamente chegou quinto, a só 3 segundos do seu rival.

Tras a suma de puntos desta fin de semana, e a substanciosa vantaxe de "Bamarti", pode que éste revalide o título de campión galego da pasada tempada.

Pedro Burgo terceiro en Cantabria

O piloto lugués quedou na terceira posición esta fin de semana na 29 edición do rali Cantabria Infinita, por detrás do astuariano Robeto Hevia e do preferido pola afeción local, Chus Puras, que conseguiu, con esta proba, converterse no líder do campionato estatal sobre asfalto.

Burgo chegou, co seu Mitsubishi Lancer, a un minuto e 53 segundos do líder da proba facendo unha gran carreira nun rali moi duro, sobre todo polas adversas condicións meteorolóxicas, que fixeron que abandonasen a pista ou tivesen avarías mecánicas unha ducia de participantes.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: