Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O sindicato vese excluído da negociación

A CIG oponse ao acordo do ensino concertado por considerar que non resolve nada

Asegura que o texto nin recupera a xornada matinal para xuño e setembro nin acada a homologación que solicitaba o profesorado.

Redacción - 17:50 21/05/2007
Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino

Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino

CIG-Ensino amosou a súa oposición ao acordo acadado entre a Consellería de Educación, as patronais e os sindicatos FETE-UGT, FSIE, CC.OO e USO para o ensino concertado. Segundo a organización sindical, o texto do acordo é practicamente o mesmo que provocou as mobilizacións e as folgas, pois mantén a xornada completa en xuño e en setembro e non menciona a homologación.

Para CIG-Ensino, o único cambio do acordo é dotar á Comisión Tripartita da potestade de fixar prazos e calendarios para as reivindicacións pendentes, o que ven negativo, pois deixaría nas mans da patronal a posibilidade de condicionar a política educativa.

Tamén ven negativo que quedasen excluídos das últimas reunións e convocatorias, rompendo a plataforma conxunta formada por todas as organizacións. O sindicato conclúe que se aproveitaron as demandas lexítimas do persoal para introducir outras que incrementan os concertos.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: