A ONU quere potenciar deste xeito o diálogo intercultural. As máis de 6000 linguas que conviven no planeta protagonizarán o ano que vén.
A Asemblea Xeral da ONU, no pleno do pasado 16 de maio, lanzou esta iniciativa co fin de promover a diversidade lingüística. Preténdese instar aos estados a que traballen pola conservación e a defensa das linguas, tanto as propias como as do resto do mundo. Por outra banda, demándaselle ao Secretariado que designe unha figura coordinadora para o multilingüismo e que garanta que os servizos lingüísticos dos estados da ONU conten cos mesmos recursos, referíndose ao dominio do inglés e menoscabo das outras cinco linguas oficiais das Nacións Unidas: árabe, castelán, francés, ruso e chinés.
Xa fixeron as súas achegas os representantes de varios estados: o de Andorra afirmou que "a protección das linguas é un dos piares fundamentais da diversidade cultural", mentres que o de Francia salientou "o dereito a usar a lingua propia, a capacidade de comunicar e, polo tanto, a comprender e facerse comprender, a preservación dunha herdanza de tantos séculos e mesmo milenaria, debe ser materia de primeira orde para as Nacións Unidas". Jean Marc de la Sabliere sinalou tamén que "en termos lingüísticos e culturais, e incluso de civilizacións, o multilingüismo equivale ao multilateralismo.
A idea de dedicarlles un ano enteiro ás linguas do mundo xurdiu hai cousa duns dous anos. O documento pídelle á UNESCO que se encargue de organizar as actividades conmemorativas para darlles visibilidade ás máis de seis mil linguas do mundo.
Ha ha ha ha!
A França a falar de respeito polas línguas!
XD XD XD
E logo por que a Frnaza non respeita as linguas do seu estado? O bretón, o corso, o basco, occitano...
E logo vén dar leccións aos outros?
Nos temos que amañar o noso que é dabondo!
Se se quere pasar da propaganda á garantía das linguas e ó respecto das comunidades lingüística e os seus membros toca implementar o BILINGÜÍSMO NECESARIO. Consiste no seguinte:
A) Declarar oficiais todas as linguas nos seus respectivos territorios propios, coa obriga do seu coñecemento e uso xeral, normal ou habitual no seu territorio. Analogamente no caso de comunidades lingüísticas sen territorio, con obriga de uso entre os da comunidade lingüística sen territorio.
B) Escolla dunha lingua, como lingua común ou universal de obrigado coñecemento por todos os membros de todas as comunidades lingüísticas (agás a que a teña como propia, de ser o caso) para a comunicación lingüística directa (sen aparellos ou persoas tradutores) entre calquera membro de calquera comunidade lingüística con calquera outro de calquera outra.
C) Os custos da aprendizaxe desas dúas linguas por parte de cada persoa, a cargo de todos en progresividade dos respectivos recursos individuais.
Evidentemente!, este bilingüísmo non estorba a aprendizaxe doutras linguas.
A oposición falará polos cóbados
O inglés debería ser a única lingua de traballo en Europa (é xermánica con forte influencia latina). Todas as demais serían linguas para producir materiais complementarios, galego, francés, castelán, portugués, estonio, maltér deberían estar á mesma altura. Ou senón face-lo esperanto oficial. Unha lingua europea e unha lingua propia
Ano 2075. Europa fala inglés. América, español. Africa, árabe e Asia, Chinés, pero en cada un deses continentes a xente comunícase entre eles noutras linguas. Hai miles de linguas que a xente utiliza nas súas relacións persoais.
(Lingua-Ficción)
O desenvolvemento da Lei de Normalización Lingüística debera cando menos INCENTIVAR ECONÓMICAMENTE ós profesionais do ensino que a leven adiante.
Do mesmo xeito que se promove a cultura e a edición de materiais en GALEGO e se lles libra ás Editorias cantidades inxentes de diñeiro público, ¿sería moito pedir que se INCENTIVEN os esforzos do profesorado para levar a cabo o proceso normalizador da lingua galega?
Aqueles funcionarios que soliciten un complemento mensual de 60 €uros brutos estarían 'obrigados' a acatar os trámites que lles foran esixidos pola Administración Educativa para comprobar o bo funcionamento das medidas adoptadas. Os que non o soliciten poderían manter a lingua castelá nas súas aulas sen ningún tipo de problema.
A medida sería moi exitosa para a Política Lingüística e lonxe de representar un custo nos orzamentos a medio prazo poderíamos AFORRAR MOITOS CARTOS en esforzos inútis (cursos, propaganda, plans de lectura, CONMEMORACIÓNS...)
Someto á consideración dos lectores esta INICIATIVA que tería unha dobre virtude: por un lado apostar en firme polo emprego do galego nas aulas e por outra banda garantir a liberdade lingüística dos cidadáns.
Aquelas persoas que por motivos ideolóxicos quixeran renunciar ó seu complemento lingüístico poderían beneficiarse se quixeran dunha deducción fiscal do 25% da coantía anual do complemento en calidade de doazón voluntaria á Normalización Lingüística Galega.
Ven de aprobarse un Plan de Lectura con 50 millóns de Euros até o 2011… eu me pregunto porque ós profesores non teñen dereito a ser recompensados polo seu traballo a prol da lingua galega cando tódolos demáis sectores parecen 'sacar beneficios' da defensa do galego?
O Presidente da Real Academia Galega leva moita razón cando afirma que agora hai unha "presión maior nos institutos para que todo se someta á norma e non sei se iso é bo".
Parece que somos os funcionarios públicos ós únicos responsables da perda no uso do galego... e os críticos coa RAG (Mesa de Normalización) deberan saber que grazas a estes mesmos funcionarios docentes o Galego goza hoxe de boa saúde...
O futuro das linguas non se pode determinar por decreto... NIN POR FÓRMULA MÁXICAS como o Bilingüísmo NECESARIO!
Os profesionais do ensino comemos coma todo o mundo aínda que non cobramos 'dietas' por representar a ninguén nas Institucións do pais... a nosa laboura calada NUNCA É RECOMPENSADA ECONOMICAMENTE e a sociedade sábeo ben!
Un Complemento Lingüístico para os docentes que empreguen o galego nas súas aulas LIBREMENTE... non ten porque ser un problema cando se destinan millóns de euros á industria do audiovisual en galego, ás editorias para a normalización dos libros de texto, ás bibliotecas escolares, ós departamentos de lingüística aplicada, á traducción de sistemas informáticos...
¿É moito pedir ser tratado igual que tódolos demáis?
Para defender a Lingua e a Liberdade!
El Presidente de la Real Academia Galega es una alfombrilla "naci" y servil del poder xunteiro actual. Culturalmente y lingüísticamente no es nadie, más que un asalariado del poder.
Por otro lado, no os empeñéis, ya sabemos que os gustaría ver desaparecer el español de vuestro entorno, pero no lo lograréis ni siquiera usando las mismas técnicas que el franquismo o incluso yendo más allá, que es lo que al fin y al cabo os pide el cuerpo.
Vuestro lema ya me lo conozco, "una nación, una lengua".
Home aquí asalariados do poder sómosche todos... ¿ou non?
Polo menos disque ós cartos dan poder... e por iso mesmo eu os reclamo para tódolos profesores que queiran cobralos por facer un 'servizo lingüístico' a unha Institución Educativa en Galiza.
E o que dí o presidente da RAG é algo bastante sensato: "unha presión maior nos institutos para que todo se someta á norma non sei se iso é bo".
PRESIONAR para converter ós funcionarios en 'falantes medosos' dunha lingua que se trata de rescatar... é o peor camiño que se pode seguir se queremos que de verdade ésta sexa transmitida ás novas xeracións EN POSITIVO!
Gostariame que poidesedes ouvir o galego se fala e como se destroza a cotío por mor dunha NORMATIVA IMPOSTA ÓS CLAUSTROS DE PROFESORES!
Ás veces teño ganas de saír correndo a ver se atopo alguén con quen falar en galego normal e corriente... ese que está vivo na fala da xente, ese galego que deberamos recuperar entre todos...!
Oes iso de "una nacion una lengua"...non é o teu lema Gaviotiña?.
Oes...ademáis...pq, POR EDUCACION, non falas en galego?...nun medio en galego?...que pensarías ti se vou eu a páxina de diarios en espanhol, e escribo en galego?...
Unha cousa é un dia...e outra que tódo-los días esteas coma unha "mosca cojonera", a que se lle meteu na cachola ideas locas...e que as repite coma un mono, tentando amola-la xente...
Vaite a outro lado...e caga ben nel home...se queres estar aquí...ou o fas con outra educación e outros xeitos...ou lisca!!!.