Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Freo á "Reganosa" de California

Schwarzenegger veta en Malibú o que á Xunta lle vale para Ferrol

A pasada semana, o gobernador californiano vetou a construción dunha planta de gas por incumprir as esixencias medioambientais.

Redacción - 12:24 22/05/2007

"O gas natural pode e debe ser unha parte importante da carteira de enerxía de California", afirmou recentemente o gobernador de California, Arnold Schwarzenegger, "pero toda planta de importación de LNG [a empresa gaseira] debe cumprir cos estritos estándares medioambientais que esixe California".

Trátase dunha planta de gas promovida pola empresa australiana BHP Billiton, e que estaría isntalada mar adentro e a algo máis de 22km da costa, na coñecida área de Malibú. O caso é posto de exemplo esta semana polo Observatorio de Gas Licuado que desde Ferrol loita contra a planta de Reganosa construída a pé das vivendas dos veciños de Ferrolterra. "Aquí a Xunta nin fixo nin esixiu estudo de impacto ambiental, porque segundo eles non cumpría", láianse.

O caso da nova gaseira californiana estaba gañando forza na actualidade política californiana, e o propio candidato do Partido Demócrata a gobernador, Phil Angelides, uniuse ás voces que pedían paralizar o proxecto, loita á que tamén se uniron persoeiros da farándula de Hollywood e surfeiros famosos. Fronte á situación, pasado venres, Shwarzenegger anunciou que veta o proxecto.


Ligazóns

4.75/5 (8 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: