Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proxecto pendente de autorización

Malia as "dúbidas" danlle a Pescanova os cartos para a macrofactoría lusa

Aínda que non será até o verán cando Medio Ambiente decida se autoriza a invasión do espazo protexido en Mira, o de Economía xa desembolsa as subvencións.

Redacción - 09:00 24/05/2007

Pescanova quere que en 2008 estea xa rematada a primeira fase de construción deste megaproxecto acuícola. Ao respecto, mesmo avalía que poderá rematar ese exercicio cunha produción de até 7 mil toneladas e que un ano máis tarde ampliará a súa capacidade a uhn máximo de 10 mil, converténdoa na de maior produción a nivel da Unión Europea.

A Asociación Portuguesa de Investimentos, API, será escenario este xoves en Lisboa do acto oficial de sinatura do convenio a través do cal a empresa galega amarra as axudas para construír a piscifactoría, un investimento total de 140 millóns de euros. Desde o Ministerio de Economía cualifican de "conquista" o proxecto, ao que consideran un referente mundial no sector.

Malia todo, permanecen as dúbidas sobre a súa ubicación definitiva. Se ben desde a empresa insisten en que será construído no espazo costeiro protexido de Mira, en plena Rede Natura, o estudo ambiental está aínda en fase pública de alegacións. O informe foi xa aprobado polo Instituto do Ambiente, pero o Ministerio do Ambiente debe aínda pronunciarse sobre a viabilidade. Rematado o prazo de alegacións, espérase a decisión definitiva como moi tarde para o mes de agosto. A propia aprobación preliminar recoñece "pequenas dúbidas" e recomenda esclarecementos sobre a súa influencia na zona costeira protexida que se pretende invadir.


Ligazóns

4.6/5 (10 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: