O combinado estatal, que dirixe Miguel Ángel Florido, está concentrado en terras galegas até o 4 de xuño para preparar o primeiro encontro de clasificación para o Campionato do Mundo de 2007 ante Turquía, que se disputa o 2 de xuño no Porriño.
A selección feminina absoluta estará en Lalín e Vigo, onde vai xogar dous partidos amigables e preparatorios con Portugal.
Na sexta, día 25 de maio, ás 20:30 h. en Carballo; e no sábado 26, ás 18:30 h. no pavillón municipal de Lalín, o combinado estatal enfrontarase á Selección portuguesa en dous partidos que lle poden servir ao seleccionador, Miguel Ángel Florido, para comprobar como se atopan as deportistas de cara o transcendental encontro ante Turquía do 2 de xuño en Porriño, onde se xogan unha boa parte das súas aspiracións de estar en Francia no mes de decembro, no Campionato do Mundo.
A Federación Galega de Balonmán vai aproveitar a presenza da Selección Feminina absoluta para realizar diferentes actividades nos concellos onde se disputarán os encontros e promocionar así o balonmán feminino en Galiza.