Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

As oportunidades para a participación cidadá

Cada catro anos os veciños teñen dereito a poñer o seu voto na urna... Pero, e entre elección e elección? Que resortes hai para canalizar as queixas, inquedanzas e propostas dos cidadáns?

Redacción - 13:30 25/05/2007

Algunhas iniciativas concretas:

PPdeG
- Promoción de medidas de participación cidadá activa nas políticas e xestión do medio ambiente municipal: servizos de auga, enerxía, residuos, animais e conservación da natureza, entre outros.
-Constitución de Consellos Locais de Xuventude, como órganos canalizadores da participación xuvenil.


PSdeG
-Consellos de Participación, redes sectoriais na cidades de mais de 50.000 habitantes, grupos informais e o voluntariado.
-Incorporación das asociacións ambientais e económicas máis representativas, aos órganos de decisión dos servizos municipais e de difusión dos resultados da xestión.
-Creación de figuras como a Defensor do Contribuínte e a Defensor do Cidadán, ou as Reclamacións e Suxestións.
-Instauración de prácticas como a celebración anual dun Debate sobre o estado do concello.


BNG
-Poranse en marcha fórmulas específicas que faciliten a participación veciñal na elaboración dos orzamentos municipais.
-Regulamento de Participación Cidadá que recollerá os dereitos, organismos e mecanismos de acceso e participación cidadá na vida municipal, entre eles os consellos territoriais, de parroquia ou barrio, e os consellos sectoriais.
-Regulamento Orgánico Municipal, que desenvolverá e concretará as normas de funcionamento da Corporación Municipal afondando na democratización da institución e no reforzamento dos dereitos de participación e información dos representantes dos cidadáns.
-Rexistro Municipal de Asociacións, para o recoñecemento e verificación da representatividade das entidades sociais que participan no ámbito do concello.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: