Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

As metas máis cobizadas: Vigo e Ourense escenarios do peche da campaña

Rematan dúas semanas de caravana electoral condicionada polo cambio de poder na Xunta en 2005 e donde por primeira vez, as tres principais formacións políticas foron quen de presentar candidatos en todos os concellos.

Redacción - 21:00 25/05/2007

Vigo foi a cidade escollida polo PPdeG para o seu acto oficial de peche desta campaña e a cidade olívica foi tamén durante estas dúas semanas o centro dos principais esforzos dos populares. Cunha tendencia decrecente en todos os municipios galegos en cada unha das últimas citas coas urnas, e coas sondaxes agoirando que a caída continúe despois de perder en 2005 o poder na Xunta, Vigo é clave para as aspiracións do PPdeG.

Malia un descenso xeneralizado en todo o país, se os populares foran capaces de amarrar a alcaldía da maior metrópole galega, afrouxarían o impacto da caída e deixarían lugar para o optimismo do partido no contorno urbano, precisamente onde máis lle está custando frear a perda de apoios.

Pola súa banda, PSdeG e BNG escolleron Ourense para pechar a caravana electoral. A cidade mantívose durante os anteriores comicios coma o único fortín onde o PPdeG se amosaba capaz de manter a maioría absoluta elección tras elección. As enquisas prognostican agora que socialistas e nacionalistas están máis preto ca nunca de poder furar a maioría dos populares. A conquista do poder na cidade das Burgas a través dun pacto completaría un importante ciclo de cambio nas tendencias de goberno das principais urbes.

No especial Municipais07 poden botarlle un ollo ás radiografías das cidades, entre elas:

Vigo: a procura do tempo perdido
Ourense: último óso popular por roeren socialistas e nacionalistas


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: