Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
100% escrutado

Ferrol: Corre a quenda; tócalle ao PSdeG

A tendencia que viven as cidades do país -ningunha cidade será gobernada con maioría absoluta- non lle vén de novo a Ferrol. Novo cambio na alcaldía. En 1999 foi o BNG, en 2003 o PPdeG. Agora chégalle a vez aos socialistas.

FAA - 00:00 28/05/2007

O PSdeG gañou as eleccións municipais en Ferrol. Porén, terá que contar con algunha outra forza para formar goberno, e a Esquerda Unida de Iolanda Díaz ten todas as papeletas. Concretamente, 5.203, o 14,19% dos votos, 1.235 apoios máis que hai catro anos.

O chimpo de socialistas e comunistas é o máis salientábel destes comicios, xunto co espectacular afondamento do BNG que perde catro concelleiros dos seis con que contaba. En 2003, 9.457 persoas votaron nacionalista, convertendo ao Bloque na segunda forza política ferrolá. En 2007, cae até a quinta posición con 3.219 apoios dos electores.

Alta abstención

Caen tamén os Independentes por Ferrol de Xoán Fernández, que perden a metade dos seus representantes no concello, de seis a tres. O PPdeG mantén os sete que tiña, perde votantes, mais gaña en porcentaxe de voto (a abstención na cidade, do 44,42%, foi máis elevada que a media nacional, do 36,24%).

Agora, queda por saber se o novo alcalde, Vicente Irisarri, chamará só a EU ou se pola contra contará tamén co defenestrado BNG de Xoán Xosé Pita, antigo socio de goberno durante o mandato de Xaime Bello.


4.25/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: