ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Municipais07

Despois do 27M: mapa de pactos posíbeis

PSdeG e BNG terán a posibilidade de formar goberno nun amplo número de concellos.

Redacción - 09:55 29/05/2007



***Alén dos concellos onde son posíbeis pactos de goberno, en cor amarela están aqueles onde hai maioría absoluta: Pasando o punteiro por riba de cada un deles poden ver cal é a formación política gañadora.

Premer aquí para ampliar o mapa


4,14/5 (7 votos)

Comentarios (16)

moledo #1 29/Maio/2007 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Coido que o mapa deveria ser mais clarificador e indicar onde é que se aguardan governos BNG- PSOE ou ao revés, uma vez realizados os pactos e quem encabezaria esse concelho. De igual maneira, nos concelhos onde aparece "maioria absoluta" deveria aparecer a que partido corresponde.

casdeiro #2 29/Maio/2007 casdeiro
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, a coración do mapa é confusa.

giao #3 29/Maio/2007 giao
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É que pintar da mesma cor Beade (cum alcalde desde o franquismo e franquista) que Alhariz, com maioria absoluta do BNG...

oscar #4 29/Maio/2007 oscar
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se vos poñedes encima de cada concello xa vos sae eso

Cesare #5 29/Maio/2007 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa, ho... Claro que se nos poñemos enriba sae... O conto era que se vise sen poñerse enriba. Unha indicación:
Vermello: absoluta do psoe
Rosa: Psoe con presunto apoio bloque
Azul escuro: absoluta do bloque
Azul claro: Bloque con presunto apoio psoe
Gris: outros
Amarelo: Absoluta do PP.

xesta #6 29/Maio/2007 xesta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O que me parece inadecuado é o título do mapa: maioría social PSdG-BNG, da a impresión de que o amarelo é onde sacou maioría un deles, e xa quiseramos!

oscar #7 29/Maio/2007 oscar
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

cesare, sei quen eres, e tes todas as papeletas...
deixa de repunar, anda

Cesare #8 29/Maio/2007 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Todas as papeletas para que?? :) lol
Por certo, unha última pregunta, señorita... A min o flash non me le os acentos nin os eñes... :) que raro, nunha tecnoloxía tan accesible... :)
[con cariño]

Cesare #9 29/Maio/2007 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Iso dos eñes é particularmente gracioso en Mea(ñ)o...

Barcelos #10 29/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

En Galicia estase dando unha cosa moi curiosa. Goberna o BNG sen ter a maioría en case ningún concello.
Nin é bo nin é malo. Son as cousas da democracia. O que ten a tixola polo mango non sempre ten que ser o que aparece como número un.

Barcelos #11 29/Maio/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E se á xente non lle gusta, que hai moita que non lle gusta que goberne un que non foi o máis votado, xa sabe o que ten que facer nas próximas eleccións:
Votar a quen quere votar, aguantar e posiblemente foderse.

Xeonllo #12 29/Maio/2007 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A xente sabe ben que se non hai maioría absoluta para gobernaren, os partidos fan acordos coas forzas políticas máis afíns: esquerda con esquerda e dereita con dereita. É verdade que a esquerda está máis dividida que a dereita, e por iso o partido máis votado acostuma a ser o PP, mais tamén ocorre moito nos concellos galegos que hai algunha lista independente que é case sempre unha escisión do PP. Os "independentes" en Galiza case sempre son de dereitas.

Paréceme ben e é totalmente democrático que se chegue a acordos despois das eleccións, e iso de que debe gobernar "a lista máis votada" é pura demagoxia.

Non é así, porque se gobernase unha lista en minoría perdería case todas as votacións á hora da verdade, posto que a oposición sería maioritaria. O democrático é que se teñan en conta todos os concelleiros porque representan votos, e non pode ser que goberne a lista máis votada se os demais xuntos son máis e teñen ideas entre eles máis parecidas que con respecto ao goberno minoritario.

Ademais, como digo, a xente xa sabe cando vota que iso vai ocorrer, como ocorre sempre neses casos.

Que na Xunta agora gobernen dous partidos que por separado non teñen a maioría, que teñen menos votos que o PP, non debe facernos esquecer que en Galiza a esquerda ten máis votos que a dereita, aínda que estea máis dividida. A vontade maioritaria dos galegos é de esquerdas, partidaria de máis igualdade e de coidar o idioma galego.

Incluso digo máis: os deputados do parlamento galego, que reflicten unha mínima diferencia (un deputado) sobre a dereita caciquil, darían unha diferencia maior a favor do goberno bipartito se houbese unha total proporcionalidade no sistema electoral. É dicir, a diferencia de votos a favor da esquerda é maior do que reflicte o reparto de escanos parlamentarios, porque as provincias menos poboadas, Ourense e Lugo, que son as que máis votan á dereita, teñen un mínimo de deputados do que non poden baixar aínda que a proporcionalidade así o determine.

Gaviotero #13 31/Maio/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si la voluntad de los gallegos según dice Xeonllo es la de un gobierno de coalición de izquierdas, sugiero que en las próximas autonómicas se presenten coaligados, a ver cuántos les votan...

Por esa misma regla de 3, se podría decir que la gran voluntad de los gallegos es la de un gobierno de coalición españolista (PP + PSOE) que forman la gran mayoría del Parlamento.

No os preocupéis, dentro de un par de años, los muchos votantes socialistas antinacionalistas veréis a quien votan. En Vigo, muchos de ellos, conocedores de antemano de las alternativas existentes: Gobierno del PP o gobierno bipartito, ya se han decantado claramente a favor del gobierno del PP, aunque haya sido insuficiente por 2.500 votos para alcanzar la mayoría absoluta (pese a lo cual no hay que olvidar la subida de 11 puntos del PP y el descalabro en 5 puntos del bipartito).

En la Xunta, donde estamos a una pequeña diferencia de la mayoría, vamos a poner al bipartito mirando pa Cuenca en dos años.

PD: Nacis míos, ¿sabéis dónde está Cuenca? Sí, hombre, sí, España...

luimipi #14 3/Xuño/2007 luimipi
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

pero o PP e PSdG non pactarían!!! ese é o tema...(por certo o PSdG, considera a GALIZA NACIÓN!!!! jajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajajaja)




se o de vigo faite sentir ben...vaite con barbi...que xa verás pra que lle serve iso...na oposición...


Por certo...recordote que o PP PERDEU VOTOS COMPARADO COAS ANTERIORES NA GALIZA

(que pouquiña memoria teñen as gaviotas...jajajaja)


Oes...a "cuenca", podes ir...eiquí, nesta web agradeceríamoste moitísimo ese detalle...pois eres un enfermiño...pero bueno....as gaivotas xa sabes...ninguén as quere...pq non serven pra nada!!! (e ti máis)

Xeonllo #15 3/Xuño/2007 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Gaviotero:

Hai xa moito tempo que a xente sabe que despois das eleccións os partidos afíns entre si pactan para formaren goberno se é preciso. Iso a estas alturas non é nada novo, así que xa votan sabéndoo.

E non o fai só a esquerda, porque o PP tamén o fai nesas moitas listas de independentes, normalmente de dereitas, que hai en moitos municipios galegos e non galegos.

Xeonllo #16 3/Xuño/2007 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Outra cousa:

Agora está moi de moda intentar fomentar a ignorancia dicindo que os partidos nacionalistas en España son "nazis", cando eles saben que non hai nada máis lonxe da realidade.

Nada ten que ver o nacionalismo hitleriano, imperialista e poderoso, co nacionalismo das nacionalidades minoritarias do estado español, que loitan por sobreviviren, por poderen ser elas mesmas, pola súa autodeterminación (e ás veces nin iso, como no caso do BNG) e non por colonizaren outros pobos, como facía Hitler.

Moito máis preto dos nazis, aínda que non o sexan, está o PP, herdeiro do franquismo, franquismo que moito tivo que ver na súa orixe con Hitler, tanto na guerra civil como coa División Azul. O nazismo, como o franquismo, foron implacables coas nacionalidades minoritarias.

Tolerancia cero coa manipulación que pretende presentar as cousas ao revés de como son, aínda que xa sei que esas son as falacias que se difunden en medios como a COPE e outros que polo seu gusto farían desaparecer todo idioma que non fose o castelán e todo rastro de identidade nacional diferenciada dentro do estado.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: