O líder do PP coruñés e o rexedor socialista en funcións da Coruña xa se reuniron. O popular acusa á dirección do PSdeG de presionar contra o acordo.
Trataríase de acordos puntuais en asuntos concretos, e a oferta presentada este mércores polo candidato do PPdeG, Carlos Negreira, ao PSdeG coruñés abrangue desde a materia urbanística, até o emprego e as infraestruturas. Ademais, Carlos Negreira garantiríalle a Xavier Losada a aprobación dos orzamentos municipais.
Despois de reunirse con Losada, o candidato popular falou formalmente de "negociacións" e explicou que a proposta para que os socialistas gobernen na Coruña en minoría sería renovada anualmente. Negreira subliñou que a oferta segue a máxima do PPdeG de facilitar que goberne a lista máis votada en cada Concello e engadiu ademais que o acontecido o 27M nas urnas herculinas é case un "empate técnico".
Carlos Negreira queixouse ademais do que considera presións da dirección do PSdeG sobre os socialistas coruñeses. "Non deixo de ver algunha sombra sobre a capacidade real do PSOE da Coruña para chegar a este pacto, despois de escoitar a Touriño dicir que hai un acordo marco entre PSdeG e BNG e que a iso teñen que aterse as corporacións municipais", comentou. De momento, desde o PSdeG coruñés non desmenten nada sobre a oferta de Negreira, malia que este xoves Xavier Losada terá a primeira xuntanza co candidato do BNG coruñés, Henrique Tello, de onde poderían saír as bases para o acordo de socialistas e nacionalistas para un goberno de coalición na cidade.
Losada tes que elixir entre facerlle caso a Touriño ou a Paco Vázquez.
Touriño? Desterra a Paco Vázquez e elimina os seus signos, empezando por ese Paseo Marítimo que leva o seu nome, pasando polas bandeiras e rematando polo nome do concello. Deixarás de cantar o la,la,la e cantarás o A,A,A.
Paco Vázquez? Vaiche facendo as maletas, ponche a sotana e de "monaguillo" ao Vaticano
Por isso mudou já Javier Losada de partido? ;-) . Olhem a página web de La Voz, onde põe "ALCALDE PROBABLE, Javier Losada, PP":
http://www.lavozdegalicia.es/especiales/2007/elecciones/coruna.jsp