Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
O Comité de Emerxencia suma autoinculpacións

Prisión sen fianza para o patrón maior da confraría ferrolá

A ofensiva legal de Reganosa contra os cidadáns que protestan pola gaseira, forzou este mércores a prisión de Bernardo Bastida.

Redacción - 09:00 31/05/2007

Reganosa iniciou o proceso xudicial poñendo a primeira denuncia despois das protestas pola entrada na ría do Galicia Spirit, asegurando que as probas demoradas polas protestas implicaban unha perda de 600 mil euros para a empresa. Agora, Reganosa insiste en que as novas accións cidadás para evitar a entrada do metaneiro Mourad Didouche causáronlle perdas por valor de 200 mil euros.

As protestas deron esta semana na detención do patrón maior da Confraría de Ferrol, Bernardo Bastida, quen declarou diante do xuíz na tarde deste mércores. O fiscal pediu para el prisión incodicional sen fianza, acusándoo de delitos e faltas de desobediencia á autoridade, malia que o xuíz estabeleceu finalmente o seu ingreso no cárcere de Teixeiro baixo "prision provisional".
Carga policial
A última hora da tarde e cando o patrón era trasladado ao cárcere, a Policía cargou contra mariscadores e membros do Comité Cidadán que estaban diante dos xulgados ferroláns. Oito furgóns policiais formaron parte do despregamento fronte á concentración dun cento de manifestantes. Logo de momentos de tensión e insultos, a policía cargou contra os cidadáns, causando varios feridos.


4,55/5 (11 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: