Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Convocados por CCOO

Membros das brigadas contraincendios maniféstanse en Compostela

Protestan diante da Delegación Xeral de Montes e en San Caetano para reclamar melloras laborais e salariais.

Redacción - 14:21 31/05/2007
San Caetano

San Caetano

Un cento de traballadores das brigadas dos servizos de extinción de incendios manifestáronse este xoves en Compostela, convocados por CCOO, para reclamar melloras laborais e salariais, e en contra da política de privatización do servizo.

Nun primeiro momento concentráronse diante da Delegación Xeral de Montes e, posteriormente, trasladáronse ás inmediacións de San Caetano, onde berraron consignas contra o Goberno e botaron petardos.


0/5 (0 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: