O BNG pide máis cultura do país na grella da emisora pública.
Logotipo de Radio Galega Música
O BNG criticou a programación da Radio Galega Música, que cualificou de “continuísta” da liña marcada polo goberno do Partido Popular. Segundo o parlamentario Bieito Lobeira, a segunda canle da radio autonómica está emitir “españoladas de karaoke” e sofre a “invasión” da música foránea.
Para o deputado nacionalista, a emisora non está a cumprir a súa función pública de dignificar, difundir e popularizar a cultura e a produción musical do país fronte ao “ocultamento e negación que fan outros medios da riqueza cultural galega”. Lobeira afirmou que é preciso poñela en valor como acontece noutros espazos da televisión e da radio convencional.
O director da CRTVG, Benigno Sánchez, comprometeuse a atender as peticións do BNG e lembrou que existe un plan de crecemento de Radio Galega Música aprobado en 2005 para incrementar os 6.000 ouvintes que acadou a emisora. Neste senso, estanse a incorporar novos espazos aos bloques de radiofórmula, como os programas Estudio 3, Radio Oceánica ou os dirixidos por Rodrigo Romaní e Ugia Pedreira.