Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
O luns 4 de xuño

Tui réndelle homenaxe a frei Rosendo Salvado

Nos actos estará presente o embaixador de Australia, país onde o misioneiro tudense pasou boa parte da súa vida.

Redacción - 09:00 03/06/2007

Frei Rosendo Salvado, misioneiro tudense destinado en Australia no século XIX, recibirá unha homenaxe o luns 4 na súa vila natal, coincidindo co 160 aniversario da fundación da súa abadía-misión de Nova Nursia. O acto presidirao o embaixador de Australia no Estado, Noel Campbell.

O monxe beneditino chegou ao continente australiano o 2 de xaneiro de 1846 e caracterizouse pola súa defensa dos aborixes na época colonial. Ese será o aspecto da súa vida que se salientará no acto de homenaxe, no que tamén estará presente o alcalde tudense en funcións, Antonio Feliciano Fernández Rocha.

Prevese que o embaixador australiano chegue polo mediodía. Logo visitará lugares senlleiros da vida do frade bieito: a súa casa natal, a catedral, o concello e o seminario. Finalmente, descubrirase unha placa conmemorativa na estatua ao bispo Salvado na praza da Inmaculada.

A homenaxe organízana conxuntamente o Concello de Tui e mais a Australia-Spain Business Association de Galiza, polo interese que a figura do padre Rosendo Salvado está a espertar no continente australiano.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: