Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROTECCIÓN CULTURAL

Patrimonio ofrecerá axudas ao mantemento dos bens bens etnográficos

Así mesmo, Cultura poñerá en marcha unha campaña de concienciación social.

Redacción - 17:06 01/06/2007

A Consellaría de Cultura convoca axudas para a conservación e a restauración dos bens etnográficos. A Dirección Xeral de Patrimonio achegará 300.000 euros co obxectivo de concienciar a sociedade sobre o patrimonio.

Os propietarios de bens inmóbeis inventariados dispoñen dende este sábado dun prazo para a presentación de solicitudes, que rematará o 11 e xullo. As axudas distinguen entre obras de mantemento, cuns 3.000 euros como máximo, e as de restauración, cun tope de 10.000 euros.

Cultura tamén emprenderá unha política de tolerancia cero coas agresións ao patrimonio do país e unha campaña de concienciación social, que levará como lema “Mira por el”. O programa desenvolverase a través dos medios de comunicación, dos concellos e dos centros educativos, para dar a coñecer o patrimonio e mais sensibilizar a poboación para que coide del.

Tamén se distribuirán folletos e carteis que informen sobre a lexislación vixente referida aos bens culturais. No referente á política de tolerancia cero ás agresións contra o patrimonio, Cultura aumentará as sancións e incrementará as investigacións neste aspecto.


4,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: