Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Ponte nas Ondas!

Creatividade "Na Rede do Patrimonio"

Velaquí algunhas das vosas creacións. Nos próximos días iremos publicando máis.

Redacción - 21:45 01/06/2007

Lembrámosvos que entre todas as recibidas vanse sortear iPods, MP3, MP4 e prazas nos campamentos de verán da Xunta.



"Aló estaba outra vez. Viña conducindo un mes máis tarde pola PONTE de
Rande, lugar de infausto recordo para el. Endexamais esquecerá aquel día do
accidente de tráfico múltiple. Estivo a piques de perde-la vida. Un
desacougo interior apoderárase del ante a posibilidade de non volver ver a
Tamariña, a Martiña, á súa familia. Foron uns segundos de desconcerto nos
que non se inmutou. Notou como o seu asento cedía. Un coche chocara contra
el e el fixera o propio co vehículo precedente. A PONTE de Rande quedoulle
gravada na cabeza".
Santiago Patiño

Nun río hai unha PONTE, unha Ponte de ferro que xungue un patrimonio con agarimo e respecto.
Adrián Ramos

"A nosa ponte"
A ponte vella,
que pasa por riba do Tea, coidado có caimán,
non te deixes enganar,
mellor subete con nosco
a esta ponte vella
que parece o arco da vella.
Ponte da cultura,
que nos está a ensinar
o que non podemos saber
e que podemos mirar
alén do mar.

Ponte dos meus soños,
ponte do pasado.
Ponte dos feitizos,
ponte dos meigallos.
Da nosa terra Galiza
Da nosa cultura castrexa,
Do noso amigo Breogán,
colega do lugar.
Manuel Sentí Janssen

Numa noite estava a ver o luar em cima duma ponte a beira do mar, vi um homem a nadar e eu comecei a gritar, mas ouvi na rodio o programa ponte nas ondas e fiquei a chorar de felicidade.
Rui Pedro Alves da Silva

Ponte nas ondas, ponte nas letras, é o futuro das nosas xentes
Nazaret Vaqueiro

Ponte nas ondas
se queres escoitar
as cancións e raps
que imos cantar.
¡Preparate xa
para escoitala
a fala da ponte
e unha pasada!
Ponte de pé
ou queda sentado
pero ten a radio
sempre o teu lado.
¡De Ponte a Ponte
imos cantando
Ponte nas ondas
estás escoitando!
Marta Iglesias Martínez-Almeida 5ºB


Atrevete a pasar a nosa ponte e levaras moitas sorpresas
Nenaloka

NOSA PONTE

Ponte pequena, ponte grande,
Ponte doce, ponte leda,
Ponte con soños, ou sen eles,
Ponte de risas, e silencios.

Ponte que atravesa, un río fermoso,
Nubes embranquecidas, nun ceo pedroso,
Noites de vento, veráns calurosos,
Primaveiras sen flores, outonos chuviosos.

Unha palabra, un corazón,
Un bico, unha emoción,
Parellas de merlos, na beira pousados,
Alegran con cantos, fermosos prados.

Se decides cruzar, ou quedar mirando,
Non temas do aló, non temas chorando,
Galicia é, terra de todos
Xunto con Portugal, cultura sen fondos.
Ariadna Leis Capelo


O Miño sepáranos, a ponte únenos.
Angelly,Ana e Carla I.E.S. San Paio



“Na ponte da imaxinación,
alí estamos nós”.
José Ángel (2ºA)

“As augas polo río,
pasan por unha ponte
para que nós
poidamos pasar
e tamén comunicar”.
Alicia (2º A)

“Cerca da ponte cae o solciño”
Pablo (2º A)


¡Ponte, ponte!
¿onde estás?
¿no ceo ou no monte?
Isabel (2º A)

“Ponte, ponte…
eres tan bonito como unha fonte”
Ángel (2º A)


4,5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: