As executivas de socialistas e nacionalistas impoñerán o acordo ás súas agrupacións locais, co obxectivo de apartar o PPdeG do bastón de mando.
Un dos primeiros obstáculos na negociación está sendo a definición das orientacións programáticas comúns para os gobernos locais. Tanto socialistas como nacionalistas coinciden na necesidade de que o pacto xeral marque liñas concretas que axuden a "visualizar" que o cambio que botou a andar a nivel da Xunta é posíbel no contorno local.
Malia iso, desde o BNG propoñen o estabelecemento de obxectivos máis específicos, mentres desde o PSdeG apostan por un esquema de programa máis xeral. Así por exemplo, o borrador dos nacionalistas refírese ao impulso de políticas urbanísticas, sociais, de emprego e ao estímulo do uso do galego. Un punto onde chocan as posicións das dúas formacións políticas é o papel das deputacións, xa que desde o Bloque propoñen aproveitar para recortarlle poder a estas institucións en favor dunha descentralización cara aos concellos, punto no que non están de acordo os socialistas.
Os dous grupos coinciden en que malia as diverxencias haberá acordo en breve e din estar seguros de que non haberá problema para que sexa asumido en todos os municipios onde o pacto entre as dúas formacións é posíbel. Así, concellos coma O Carballiño, Vimianzo, Boiro, Chantada ou Foz, onde os tirapuxas entre as dúas candidaturas teñen amosado dúbidas sobre a posibilidade do pacto, recibirán orde de espremer as negociacións e en ningún caso permitiren un goberno do PPdeG.
De xeito concreto, o PSdeG agarda controlar 30 alcaldías onde saiu das urnas como a lista con máis votos malia non ter maioría absoluta, e até 27 alcaldías onde a socialista foi a segunda candidatura máis votada e un pacto co Bloque lle concedería o acceso ao bastón de mando. Polo seu lado, o BNG conseguiría sentar alcaldes en 9 concellos onde foi o maís votado aínda que sen absoluta, e noutros 11 onde é segunda forza e o acordo cos socialistas garantiría a suma de goberno.
O alcalde de Porto do Son en funcións, o socialista Ramón Quintáns, pasará á historia como o impresentábel que esnaquizou Portosín, que permitiu construir de forma masiva na Rede Natura, que está a esnaquizar agora Porto do Son... O alcalde da Piscifactoría xunto ao Castro de Baroña ou o campo de golf en Caamaño... Todo ao servizo das constructoras.
Si ao PsdG non lle importou volver a presentar como candidato a este elemento nefasto chamado Ramón Quintáns, alá eles, pero espero que o BNG non colabore para que volva a ser alcalde. Porto do Son non se merece isto.
Será possível que o alcaide em funçons de Foz, aquel que dixo, ao receber as críticas de Maria José Caride, "se o PSOE nom me apoiar eu monto umha lista independente em dez minutos", poda ter o apoio de um BNG que leva anos denunciando a sua monstruosa política urbanística?
Foz, uma cousa é a política e outra são os partidos. Na Espanha, e muito menos na Galiza, não se faz política, só se fazem partidos partidários e partidistas. É cousa de domínio público, porém o pessoal insiste em votar.
Pola Base oponse a que o BNG escolla o candidato á Xunta nunha asemblea de delegados
Edición xeral
Medio Rural pide aos gandeiros e á industria un compromiso decisivo cos contratos homologados
Edición xeral
Vidal-Quadras critica as chiscadelas de Rajoy cos "independentistas suevo-celtas"
Edición xeral