Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
Logo da fin do cesamento de fogo da ETA

Interior obrigará a que De Juana volva ao cárcere

O ministro de Interior, Alfredo Pérez Rubalcaba, tamén critica que o PP teime en que a ETA marque a axenda política.

Redacción - 09:45 06/06/2007
Tags: ETA tregua

Rubalcaba reprochou as insinuacións sobre un posíbel adianto das eleccións xerais. En entrevista na Cadena Ser, laiouse de que "agora vexamos a oposición pedíndolle responsabilidades ao goberno polo que fai a ETA". "Iso é algo insólito", queixouse o ministro. "Convencerámonos de que a ETA non marcaba a axenda e agora hai quen pide eleccións anticipadas", criticou.

Por outra parte, Rubalcaba asegurou que "De Juana non vai ser trasladado ao seu domicilio calquera que sexa o ditame médico que proporcionen os equipos que están traballando neste momento". Ao ministerio correspóndelle tomar a decisión sobre a avaliación realizada esta semana respecto á saúde de Iñaki De Juana por doutores da Dirección Xeral de Institucións Penitenciarias.




4,4/5 (15 votos)


Comentarios (22)

eugalego #1 5/Xuño/2007 eugalego
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Umha cousa e defende-la liberdade, a autodeterminaçom, a independencia. E outra bem distinta matar amas de casa, nenos (Valencia, ano 2000), proletarios (os dous ecuatorianos de decembro, e moitisimos mais), xente humilde... em definitiva, matar inocentes.
Grazas ETA por todala merda que facedes, por todolo sangue derramado.
Porcos de merda, ide-vos ao inferno.

moledo #2 5/Xuño/2007 moledo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Afinal, o PSOE nom foi quem de conduzir um processo que estava encaminhado: deixou-se levar pola política ultra do PP que é a quem lhe beneficia este anuncio da ETA. Era isto mesmo o que o PP procurava eleitoralmente. Doravante, a ETA voltará ser a preocupaçom dos desempregados, das maiorias sociais mais depauperadas.
A actitude da ETA é de umha lógica circular, absurda, infantil. A violência hoje no quadro UE e em Espanha vai levar a Acebes ao poder mais umha vez. A violência da ETA nom é aceitável e é miserável.
Dito isto, por parte do actual governo espanhol o que nom se pode é ilegalizar precisamente a aqueles que se queria levar para o sistema. Entom era que nom que queria leva-los: nunca o Sinn Fein foi ilegalizado. É umha imensa lástima, as linhas mais intransigentes e irracionais da caverna da ETA e da caverna espanhola sairom ganhando com esta declaraçom. Os demócratas temos que exigir que nem umha gota se sangue mais seja derramada, opor-nos com total frontalidade tanto à ETA quanto ao estado de excepçom que se vive em Euskadi e Navarra.

bertez #3 5/Xuño/2007 bertez
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu creo que nestes casos todos poden dar un pouco máis e tragar o orgullo... e no último caso a decisión e do pobo vasco...

Pero o lastre do PP nestes casos debe ser forte tamén :)

xansenmedo #4 5/Xuño/2007 xansenmedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xa tardaba en saír algún "progresista" amigo de La Paz dicindo que a culpa é o do PP. Bravo señores, bravo.

Porén, foi durante o goberno do PP (e eu non son votante do PP) cando ETA estivo máis acorralada.

xansenmedo #5 5/Xuño/2007 xansenmedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Por certo, Moledo. O Sinn Fein non sería ilegalizado especificamente, pero ben que suspenderon a autonomía do Ulster por causa do clima de violencia. Logo todos os partidos foron temporalmente ilegalizados.

Quizais -con matices, que ningúen se altere- tamén podería funcionar aquí en Euskadi...

xacataca #6 5/Xuño/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

É xusto o que cumpría agora, que o goberno español lles retire a autonomía... Unha proposta muuuuuito interesante.

xansenmedo = ideas de bombeiro.

PD. Igual deberíalla de quitar o goberno vasco ao español

Xeonllo #7 5/Xuño/2007 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xansenmedo:

A culpa non é só do PP. A culpa é de que temos unha constitución coa que é moi difícil negociar a paz con ETA. É moi difícil chegar a un acordo sen recoñecer o dereito de autodeterminaición (e con isto non estou a dicir que me pareza ben o que fai ETA, que non é así). Tampouco é moi bo método para negociar o feito de non derogar a "lei de partidos", que ilegaliza boa parte da esquerda independentista vasca.

En canto a que cando gobernaba o PP do servo de Bush, o tal "Ánsar", ese mentireiro tan cínico, ETA estaba "acorralada", como tamén din os fachas, tanto dos partidos como dos medios de comunicación, a verdade é que co goberno do PP ETA fixo diversos e variados atentados mortais, cousa que non fixo ata o momento con Zapatero, agás o de Barajas, que en realidade foi un erro porque non se pretendía matar. Un erro lametable, mais un erro. É dicir, co actual goberno do PSOE tivemos tres anos de paz, aínda que agora parece que imos volver estar inmediatamente como cando estaba o PP do recadeiro do "emperador" Bush. Ogallá non.

esquio #8 5/Xuño/2007 esquio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O do momento de anunciar o cese da tregua ten moita miga. A maiores do que pensen do proceso e do ben ou mal que o fixo o Estado, o que non pode permitir ETA, o que non pode asumir, é que en Nafarroa gobernen os de Nafarroa Bai

gatuno #9 5/Xuño/2007 gatuno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

zapatero deberia ter a valentía que tivo Blair con Irlanda, se españa ten un goberno cobarde que non se esperen maravillas... a estratexia do desgaste non funcionou...

tacher #10 5/Xuño/2007 tacher
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PP ten que empezar a pensar na estratexia que fará se gaña as eleccións xerais.

xansenmedo #11 5/Xuño/2007 xansenmedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

xacataca: nin me molesto en contestarche

Xeonllo: O que eu digo é que xa está ben de botarlle a culpa de todo ao PP.

É o mesmo que pasaba cando gobernaba Felipe González que toda a culpa de todo o malo que pasaba era súa.

Por certo (e volvo dicir, que ninguén se altere) tanto Felipe González como Aznar foron os que máis fixeron por acabar co terrorismo de ETA.

Outra cousa é que daquelas matasen máis porque estaban máis fortes. Agora con ZP estaban a puntito de caramelo e déuselles máis folgos.

ANV debería de estar fóra das institucións. A Lei de Partidos SI que funcionou.

esquio #12 5/Xuño/2007 esquio
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Xansenmedo: sinceramente creo que a Lei de partidos non funciona. A idea non é que non se podan presentar os do entorno de ETA, senón afogalos políticamente e nestas eleccións demostrouse que non están afogados. Seguen tendo moitos votos e bos resultados, alí onde os deixaron participar. Se ANV puidera presentarse en todo o territorio, se o PSN tivera feito declaracións contundentes de pactar con Nafarroa Bai en Iruña e Nafarroa. estaríamos ante o anuncio do cese da tregua por parte de ETA? Creo que non. Descontando a maldade de ETA,non hai responsabilidades no Goberno do Estado? Non ten responsabilidades o PP por ter levado a ZP ate o seu xogo, tan nacionalista español. Eu penso que o fixeron moi mal. Zapatero por non ter coraxe e Rajoy por facer unha política obstruccionista para só conseguir réditos noutras partes do estado. E así estamos

xansenmedo #13 5/Xuño/2007 xansenmedo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Falso, esquio.

A Lei de Partidos funcionou porque afogou a Batasuna. O que non funcionou foi o goberno ZP que lle permitiu presentarse nestas eleccións baixo a pel de cordeiro de ANV, e que lle leva dado folgos todo este tempo.

Seica non hai outros partidos aos que podían votar os votantes da esquerda abertzale? Porque esa sempre é a desculpa, que a esquerda abertzale ten que ter representación ... pois que voten a Aralar

Barcelos #14 5/Xuño/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Paréceme asombroso que a xente escandalícese cando ETA fala e non cando ETA actúa.

ETA nunca estivo en tregua indefinida. En todo caso xa rompeu o cesamento do fogo en decembro.

Como non lle gustaron como saíron as cousas con estas eleccións pois decide anunciar o fin da tregua.

O que non sei eu, é que pinta en todo este proceso o PNV e outros partidos abertzales. Eses son os que, en todo caso terían que pactar co Goberno e non ETA.

Corresponde aos partidos nacionalistas pactar a autodeterminación, independencia, etc. Imaxinemos que ETA conseguise todo iso do Goberno. O PNV non tería razón de existir nun país gobernado por ETA.

Ibarretxe, existes? estás aí?. Avogado, Avogado?

Barcelos #15 5/Xuño/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Se Fraga foi culpable da catástrofe do Prestige por estar cazando, Ibarretxe é máis culpable da rotura do proceso de paz, por estar tocándose os collóns.

xesta #16 5/Xuño/2007 xesta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

A min me importa un bledo todo isto, que o resolvan en Madrid ou en Euskadi se poden e se non poden que lles dean, non penso caer en preocuparme por problemas políticos doutras nacións nen polas guerras de poder político entre o PP e o PSOE. Facelo é seguirlle o xogo a estes dous partidos na súa indecente política na que non se fala de salarios nen de paro nen do AVE, na que só se fala de terrorismo, pois a min ese tema non me interesa nen antonte nen onte nen hoxe.

maroto #17 5/Xuño/2007 maroto
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Concordo xesta. Non lle dan tanta cobertura os medios ao terrorismo marroquiano no Sáhara Occidental, que tamén está aí ao lado.

Cesare #18 5/Xuño/2007 Cesare
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

De feito, a próxima reforma ministerial de Mohamed VI depende diso, e aí imos ter moitos que poñernos a formar! Por un Vieiros Rabat xa!

baltar69 #19 5/Xuño/2007 baltar69
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

lei de partidos como instrumento para avanzar cara o arranxo da situación? impugnación de listas por parte do fiscal xeral? retirada do autogoberno? solución policial para un conflico político? pois amigo xansenmedo lópez orozco, si non eres votante do pepé, a cousa está peor do que eu pensaba e non me extrana nada que o zapatero teña zozobrado cando parecía que o mar estaba en calma.
esperemos que esta declaración sexa máis unha pose á galería que un paso real cara a voltar os títeres, que a sociedade civil non ten por que poñer mortos únicamente por que a un fato de políticos, que chuchan indecentes do erario público, non acaban de porse de acordo en que parcelas do que consideran séu teñen que ceder.
é posible que con diñeiro estes tapen todo; é posible que con xesto adusto e verba rapsódica saquen adiante a súa soldada, pero eu non quero velos diante no caso que sexa un familiar meu o que vai no féretro, por que para entón todos saberemos que son eles os maiores culpables.

gatuno #20 5/Xuño/2007 gatuno
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

#18 :D:D ;)

Gaviotero #21 6/Xuño/2007 Gaviotero
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Respecto al primer comentario, los guardias civiles, concejales del PP o del PSOE, incluso los del PNV, son gente tan inocente como las amas de casa, los niños o los trabajadores.

Quien NO es tan inocente es este De Juana, asesino de 25 personas, que todos confiamos en que se pudra en la cárcel. Y si quiere ponerse en huelga de hambre, allá él. Algunos ya tenemos la botella de champán preparada por si acaso.

luisfoz #22 6/Xuño/2007 luisfoz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como se chama o que fai o senhor Rubalcaba com de Juana Chaos? Vingança pura e dura. Nom estava de Juana em "liberdade atenuada"? Se calhar, foi de Juana quem ordenou o fim da cesse de fogo a ETA. A qaue andamos jogando? Os que pensam que Zapatero nom ousou ir mais avante por presons externas (PP) e internas (PSOE), nom terám algo de razom?

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: