Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Enfrontamentos no PP ourensán

Cabezas retruca a análise poselectoral de Baltar

A perda da maioría absoluta na cidade trouxo outra vez a primeira plana os soterrados enfrontamentos entre os sectores do PPdeG na provincia de Ourense.

Redacción - 09:00 05/06/2007

Xosé Luís Baltar, presidente provincial do PPdeG e da Deputación de Ourense, apresurouse despois do 27M en incluír na análise sobre a caída do seu partido na cidade a presunta perda de cotas de poder no centro da cidade das Burgas. Apuntaba Baltar directamente a presuntos nichos tradicionais de apoio directo ao ex alcalde Manuel Cabezas.

O ex rexedor volve agora a primeiro plano para contestar a esa avaliación e advertir que "é un erro que alguén pretenda na actualidade tratar de dirixir responsabilidades nunha dirección ou noutros" e engade que "máis errado aínda se non son certas as aseveracións". "Se alguén pretende facer isto eu non vou entrar a ese xogo nin vou deixar que se entre dende o distrito que presido", comentou.



3,33/5 (3 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: