As comisións negociadoras designadas por socialistas e nacionalistas volven atoparse este martes na capital de Galiza.
Máis de setenta municipios están á espera dun pacto nacional para logo poder formalizar os pactos localidade a localidade. O reencontro prodúcese despois do parón do pasado venres, que serviu para reconsiderar as posturas. Este luns moveu peza o PSdeG. O seu secretario de Organización, Ricardo Varela, chamou ao coordenador nacionalista, Francisco Jorquera para reanudar as negociacións.
A principal diferenza é que os nacionalistas non queren caer en erros do pasado. A dirección frentista quere gobernos locais “en pé de igualdade” e evitar en todo momento un papel subalterno para os concelleiros nacionalistas. A estratexia é que, en todo momento, os cidadáns poidan percibir o “estilo propio do BNG” á hora de gobernar.
Segundo puido saber Vieiros, o clima é en xeral optimista e todo apunta a que o acordo chegará nos vindeiros días. Os principais problemas radican en “catro ou cinco concellos” (en ningúna caso cidades) onde o enfrontamento entre nacionalistas e socialistas é tal que pode impedir alí a concreción dos acordos. Porén, en municipios que a priori semellaban complicados, como é o da Coruña, todo parece proclive para o entendemento.
Entendo que o PSOE queira ter a sartén polo mango, e está claro que en todalas cidades a cidadanía quere unha reedición dun pacto como o da Xunta.O BNG, sabe moi ben o PSOE que foi quén de parar ó PP, e así darlle maiorías "bipartitas e en pé de igualdade" aos gobernos dos Concellos.Non se trata de simplificar tanto como, "dame o bastón de mando", e logo facer o queira o PSOE sen contar có BNG.Amiguiños sí pero a vaquiña polo que VALE.
eu, como non voto, non obrigo a nadie a entrar nin a sair de pactos. pero advirto que, máis alá do que creen algúns que vale a sua vaquiña, todos estes atarefados persoaxes son os representantes dun pobo que votou nun senso ou noutro respondendo a unha conciencia e a unha ideoloxía. facer ahora batiburrillo e fusión, como si a política galega fose un subproducto do javier limón, pode dar algún froitiño de entrada, pero temo que non otorgue grandes farturas no futuro. teña o bloque en conta eso: que terá que acceder a uns postos donde é posible que o desgaste non compense os beneficios. ó menos como partido, como referente social dun novo xeito de entendela política e as relacións sociais. ahora ben, ós que lles toque a china e se poñan bos soldos, cando a cousa se vaia o carallo, que lles quiten o bailado. viva la democracia.