Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Pactos de goberno municipal

Socialistas e nacionalistas reuniranse diariamente até chegaren a un acordo

As negociacións entre BNG e PSdeG para formaren coalicións nos municipios onde o PPdeG non obtivo a maioría "avanzan", mais "non están pechadas".

Redacción - 20:25 05/06/2007
A comisión negociadora reiniciou as conversas esta terza

A comisión negociadora reiniciou as conversas esta terza

PSdeG e BNG continúan negociando á procura dun acordo definitivo que permita artellar coalicións de goberno progresista nos concellos onde o PPdeG non conseguiu a maioría absoluta, logo de que esta terza retomasen as conversas.

Polo momento non hai unha resolución definitiva, mais si "importantes avances", segundo sinalaron fontes da comisión negociadora. O que si que quedou patente foi a vontade de ambas as dúas forzas para achegaren posturas. Así, decidiuse que as xuntanzas se repetiran diariamente até achegaren a un acordo definitivo.

Todo apunta a que o acordo chegará nos vindeiros días. As principais diferencias radican en media ducia de concellos -fóra das cidades- onde o existe un enfrontamento aberto entre BNG e PSdeG que podería imposibilitar a coalicións de goberno neses lugares, mais non botar por baixo a negociación.

Modelo da Xunta
Outro dos puntos que distancia a nacionalistas e socialistas é a proposta dos primeiros de seguir nos concellos o modelo levado a cabo no goberno da Xunta, onde a Vicepresidencia desenvolve un papel moi relevante, e que impediría que o labor do BNG ficase nun segundo plano, segundo os representantes desta formación.

Porén o PSdeG non é partidario desta fórmula, que provocaría un malestar importante en moitos representantes municipais do partido, segundo sinalaron. É o caso do alcalde de Lugo, que perdeu a maioría absoluta por un concelleiro o 27 de maio, e que este mesmo martes insinuou que de se producir o "modelo bicefalia" podería pór riba da mesa a súa dimisión.


3/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: