Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
SAN ROQUE, CON 150 ROMARÍAS, GÁÑALLE AO APÓSTOLO

Cal é o santo galego máis festeiro?

Industria publica en liña un 'Buscafestas', que localiza todas as romarías do país este verán

M.V. - 10:45 06/06/2007

E onde imos de festa a vindeira fin de semana? Esta pregunta, común entre os mozos nos veráns cheos de romarías , xa é máis doada de responder grazas a Consallería de Industria, que acaba de publicar na súa web un buscador de festas.

Este 'buscafestas' é quen de proporcionarnos o lugar, data e contacto de "festas, mostras, romarías, concertos, competicións, encontros, xogos e calquera outra manifestación lúdica e cultural" nos 315 concellos do país.

A San Roque acumúlanselle as festas

Como mostra da súa potencia abonda buscar as festividades que se organizan na honra do Apóstolo. Ata 72 celebracións aparecen a finais de xullo. Pero o patrón de Galiza non é o santo máis popular á hora de montar unha romaría. Por exemplo, na honra de San Roque o buscador atopa máis de 150 celebracións este verán.

O 'buscafestas' é unha iniciativa da Dirección Xeral de Turismo, que tamén se editou en formato papel e cd rom baixo o título "Verán de lecer".


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: