Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
rali

Os pilotos galegos enfróntanse a espectaculares tramos en Narón

"Bamarti" volve ser o rival a bater nunha proba das máis difíciles, que puntúa no circuíto galego.

Redacción - 09:00 09/06/2007
Manuel Senra gañou o ano pasado

Manuel Senra gañou o ano pasado

A XX edición do Rali de Narón tenta superarse a si mesma xuntando, na xornada do sábado, uns 10.000 afecionados ao automovilismo na cuarta proba do Campionato Galego.

A proba ten un coeficiente de dificultade 8, e está organizada pola Escudería Siroco Team de Narón, que na xornada da cuarta feira se amosaba fachendosa e entusiasmada de ter cada ano un rali atractivo, dinámico e que presenta como principal novidade un primeiro tramo inédito. Chamáronlle Talleres Casal y Pernas e ten unha lonxitude de 8,200 quilómetros entre Recemel e Serra.

Cada tramo leva o nome dun patrocinador, o B, Sondeos gayoso -entre Recemel e Igrexafeita, de 11,350 Qms.- ; C Garaje Castelos, entre Leiriña e Ferreira; e o último, o D, Talleres Breogán, entre as parroquias de Fraguela e Narahío. Hai 103 pilotos inscritos, que han percorrer uns 328,350 quilómetros, de entre os que 92,500 son cronometrados. Case todos eles, -agás el mesmo-, han loita contra Martínez Barreiro, "Bamarti", o principal rival a bater e recente campión do pasado Rali do Albariño, en cambados. Os que andan detrás del, case rozándoo son Pedro Burgo, Luis Vilariño, Fernando Rico, Julio Doce, Roberto Blach, Miguel Dopico e Chelis Gómez, entre outros.

A mañá naronesa do sábado promete ruído e emoción a catro rodas, tendo coidado coas cunetas e as curvas.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: