Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Porén, admite que "o tema non é sinxelo"

Rubalcaba asegura que se está a traballar para que os mariñeiros poidan votar

O BNG advirte de que "sería un vergoña" que nas xerais de 2008 "preto de 10.000 galegos" quedasen sen emitir o seu sufraxio.

Redacción - 13:36 06/06/2007
Intervención de Francisco Jorquera no Senado español, esta cuarta feira

Intervención de Francisco Jorquera no Senado español, esta cuarta feira

O ministro do Interior español, Alfredo Pérez Rubalcaba, asegurou esta cuarta feira que o Executivo do que forma parte ten a "máxima vontade política" para posibilitar que os mariñeiros embarcados durante procesos electorais poidan exercer o seu dereito ao voto.

Con todo, admitiu que "o tema non é sinxelo". "Imos tentar resolvelo, e a fórmula son as novas tecnoloxías", engadiu. Rubalcaba contestou deste xeito a unha pregunta do senador do BNG, Francisco Jorquera, sobre as previsións do goberno español con respecto á modificación da normativa electoral vixente, co fin de que se lles posibilite votar aos mariñeiros embarcados.

Discriminación

Jorquera criticou que netos de galegos poidan votar nas eleccións municipais, "cando en moitos casos mesmo nin visitaron as súas vilas", mentres que hai "máis de 10.000 residentes en Galiza aos que se lles nega na práctica o exercicio do dereito ao voto por seren mariñeiros embarcados".

O nacionalista subliñou que se trata de cidadáns que poden estar meses sen pisar terra firme, e denunciou que os procedementos estabelecidos até o de agora para que voten foron ineficaces. "Grazas aos avances tecnolóxicos é posíbel lograr avances se hai vontade política. Sería unha vergoña que antes das xerais de 2008 tampouco entrasen en vigor estas reformas", expuxo.

Ademais, criticou que "noutros casos especiais, como no das tropas españolas despregadas en Afganistán, ou no seu día en Iraq, si que se habilitaron medidas para que estes puideran exercer o seu dereito a voto". Xa que logo, denunciou, "non estamos ante un problema de complexidade técnica, senón de falla de vontade política".


5/5 (5 votos)

Comentarios (5)

xacataca #1 6/Xuño/2007 xacataca
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Curiosa a noticia "O BNG pide que se garanta o voto dos mariñeiros" que Vieiros pon en Relacionadas... tan só hai que mirar a data!!!!!!!!! Marzo de 1999!

Vontade política do Estado? Si, home si

luisfoz #2 7/Xuño/2007 luisfoz
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Lim na imprensa que o único que falta para que o Estado espanhol senha umha democracia é a despariçom de ETA. O voto dos marinheiros galegos, nom é condiçom para alcançar a democracia?

xesta #3 7/Xuño/2007 xesta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Si, hai cousas que dan noxo, na época que vivimos e aínda quererá o Rubalcaba "vender" como avance que os mariñeiros poidan votar, mandawebos!

xesta #4 7/Xuño/2007 xesta
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

O PSOE gobernou do 1982-1996 o PP gobernou de 1996-2004 o PSOE de 2004-2007, non vexo que ningún lle dera prioridade a este tema, deberían sentir vergonza.

Barcelos #5 8/Xuño/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Vota, vota mariñeiro, imos pra Viveiro xa se ve San Roque.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: