Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Queren que se volva poñer na TVG

No Open Vieiros, a prol de Shin Chan

En castelán non ten a mesma graza, e na Galega foi substituído polos Rangers de Texas, ben menos educativos. Esta é a opinión que nos deixou Tino no Open Vieiros.

Redacción - 17:35 06/06/2007

O simpático rapaz que detesta os pementos e ten certa fixación con ensinar o cu saíu da grella da Galega. Podemos velo en Antena 3, pero xa non nos é tan familiar como o "noso", caracterizado pola tradución ao galego de María Alonso Seisdedos e a dobraxe na voz singular de Ana Lemos, que tamén lle ten "prestado" as súas cordas vocais a outros personaxes de series da TVG como a Nanny, todo no marco do estudo de dobraxe Sodinor.

Tino quéixase no Open Vieiros de que Shinnoshuke Nohara desaparecese da programación, e de que fose substituído polos Ranger de Texas, e solicita que lle escribamos un correo á dirección de programas da CRVTG para que a serie volva emitirse en galego.


5/5 (15 votos)


Comentarios (7)

Tonecha #1 6/Xuño/2007 Tonecha

Foi como a Nanny... que en castelán tampouco tiña chisco de graza! desde logo... poñer ao Chuk Norris ese, que anda subido nuns tacóns... debe ter el as claves pedagóxicas ianquis todas que lle faltan ao Shin Chan.

JohnLocke #2 6/Xuño/2007 JohnLocke

O Shin Chan é muito mais educativo que o Ranger.

Fer #3 6/Xuño/2007 Fer

Shinnoshuke ou Chuck Norris? Em que pensa a A Galega?

mau #4 6/Xuño/2007 mau

Concordo... E um dos melhores trabalhos de dobragem... E talvez uma das séries com melhor galego... Quanto à série é talvez do melhor da animação de sempre. Lembro quando os Simpson eram uma série perigosa para os nossos miúdos... Acho que com Shin-Chan se passará o mesmo.

taurozen #5 6/Xuño/2007 taurozen

Gustaba lle aos nenos e aos adultos. Parece mentira que as protestas de catro pusilánimes conseguiran facer de censura e retira lo da programación.

xabi #6 7/Xuño/2007 xabi

O Ranger de Texas... é esta a renovación da tvg?

Tino #7 7/Xuño/2007 Tino

Grazas a todas/os polos vosos apoios.
O enderezo da TvG ao q escribir é:

dir.programas@crtvg.es

Entre todos/as podemos ter suceso!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: