Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Sete

Edición xestionada por Vieiros
RSS de GZ-Sete
Investigaba un presunto caso de 'mobbing'

Xulgan un representante sindical por "interrupción laboral"

O secretario da negociación colectiva da CIG acudiu a un comercio para se interesar por unha empregada, que o propietario recluíu no almacén como medida de presión.

Redacción - 11:13 07/06/2007
O representante da CIG investigaba un presunto caso de 'mobbing' / Imaxe: http://www.sbgrl.ch

O representante da CIG investigaba un presunto caso de 'mobbing' / Imaxe: http://www.sbgrl.ch

O propietario dunha zapataría na rúa ourensá Capitán Eloy, acusou a Xosé Lois Freire, secretario de negociación colectiva do sindicato CIG e membro da súa executiva comarcal, dun delito de "interrupción da xornada laboral". Freire acudiu ao comercio o pasado 4 de xaneiro para se interesar pola situación dunha traballadora, que podía estar a sufrir un caso de mobbing (acoso laboral).

Previamente, a empregada dirixirase á CIG para denunciar que, tras unha baixa laboral, sufría presións por parte dos seus superiores para que abandonase a empresa. Segundo esta, recluírana no almacén do comercio, e intimidárona para que asinase a baixa voluntaria.

Despedimento improcedente
Xosé Lois Freire acudiu esta cuarta feira ao xulgado acompañado polos compañeiros da CIG. Alí, explicou que cando foi ao comercio produciuse unha forte discusión cos propietarios, que levou ao despedimento da empregada (declarado improcedente, posteriormente, pola Xustiza).

A acusación particular pide a Xosé Lois Freire unha indemnización de 600 euros e unha multa de seis euros diarios durante quince días. Os denunciantes aseguran que a discusión prexudicoulles gravemente xa que, segundo estes, diminuíron as vendas en plena campaña de Nadal. O caso quedou visto para sentenza.


4,71/5 (7 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: