Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Aprobada por unanimidade no Parlamento

O goberno español teima en que a Lei de Dereito Civil é inconstitucional

Respóndelle ao BNG que "existen fundamentos xurídicos suficientes" para impugnar os artigos referentes á adopción e á autotutela, a diferenza de Cataluña e outras zonas do Estado.

Redacción - 13:45 07/06/2007
Francisco Rodríguez, voceiro do BNG en Madrid

Francisco Rodríguez, voceiro do BNG en Madrid

O goberno español contestoulle ao BNG que non vai retirar o recurso que presentou ante o Tribunal Constitucional contra a Lei de Dereito Civil de Galiza -a segunda en importancia despois da do Estatuto de Autonomía- que o Parlamento aprobou por unanimidade.

Así, en resposta a unha pregunta do voceiro do BNG no Congreso dos Deputados de Madrid, Francisco Rodríguez, o executivo español indicou que "existen fundamentos xurídicos suficientes" para interpor o recurso de inconstitucionalidade contra os artigos 27 e 45 da Lei galega 2/2006.

A administración estatal rexeitou que a Lei de Dereito Civil poida regulamentar a adopción e a autotutela, e alegou que "ambas as dúas institucións carecen de antecedentes na lexislación civil galega, exceden as competencias e vulneran competencias exclusivas" do Estado. Ademais, engadiu que "a intensidade e o alcance dos dereitos civís, forais ou especiais non é homoxéneo" senón que difire "segundo a Comunidade Autónoma".

Postura discriminatoria

Francisco Rodríguez cualificou a postura do goberno español de "discriminatoria" xa que "existen argumentos xurídicos suficientes" para defender un corpo legal que está "en perfecta harmonía co dereito estabelecido". Na mesma liña, subliñou que o regulamento de adopción está tomada non só do Código Civil, senón tamén da Lei Galega de Familia, Infancia e Adolescencia (Lei 3/1997).

Por último, indicou que en Cataluña, Aragón e Navarra existen lexislacións "similares" á galega e "aínda máis avanzadas", e nestes casos o executivo español non presentou recurso ante o Tribunal Constitucional.


Documentos

4,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: