O Tribunal Supremo confirmou a sentenza pola que o condenan a 15 meses de cárcere por un delito de "enaltecemento do terrorismo".
O dirixente de Batasuna Arnaldo Otegi foi detido na mañá deste venres en Donostia por orde da Sección Terceira do Penal da Audiencia Nacional española, e foi conducido ao cárcere guipuscoano de Martutene.
O apresamento prodúcese logo de coñecer que o Tribunal Supremo confirmou a sentenza pola que se lle condena a 15 meses de cárcere por un delito de "enaltecemento do terrorismo", concretamente na homenaxe ao membro da ETA Argala.
"Non procede o recurso"
O Alto Tribunal español acordou esta decisión por unanimidade tras estudar os argumentos da fiscalía do Tribunal Supremo e de Jone Gorizelaia, avogada defensora de Otegi, que as partes expuxeron durante a vista celebrada este xoves.
O fallo afirma textualmente "non procede o recurso de casación por quebrantamento de forma e infracción de lei e de precepto constitucional dirixido por Arnaldo Otegi".
Esta decisión foi comunicada por fax á Audiencia Nacional española que ordenou a inmediata detención do dirixente abertzale. A sentenza completa farase pública nos próximos días.
ETA rompeu o cesamento do fogo pero Zapatero comezou a disparar.
Non vou discutir se o xusto é que Otegui e de Juana estean no cárcere.
Pero as formas son máis parecidas ás dunha vinganza que ás dunha xustiza.
ZP demostra que se pasa a xustiza polos collóns. Agora é:
"Tolerante zero zapatero".
Repasade a historia e veredes que cando aos do PSOE mátanlles a un dos seus son moito menos tolerantes que os do PP.
Aí tedes o GAL, sen ir máis lonxe.
Tou dacordo co que dis da verdadeira faciana do PSOE. Isto é unha vinganza en toda regra, non é xustiza, son manobras para recuperar o voto feixista madrileño e valencián perdido nas municipais. O resumo é triste: NUNCA poderá haber un acordo coa ETA e mais o Estado Español, o feixismo segue a impedilo, coma en Alxer.
De acordo.
O próximo: A ilegalización de ANV. Polo menos en Navarra, para poder pactar con Nafarroa Bai. Apostades?
Dizer que participar numa homenagem a Argala é enaltecimento do Terrorismo é estar mal da cabeça ou mentir descaradamente. Lembremos que Argala foi assassinado por grupos para-policiais espanhóis em 1979 como retaliação pela morte de Carrero Blanco. E lembremos que hoje em dia continua sem saber-se quem foram exactamente os que lhe puseram a bomba no carro. Se homenagear Argala é enaltecimento do terrorismo, que será esconder os nomes dos membros dos corpos de segurança do estado que o mataram? Democracia???
Medida totalmente reaccionaria, desnecessaria. Otegi dende sempre, dende 1998, e um home comprometido coa paz, partidario da via politica, de participar dende as institucions.
Se se ilegaliza ANV ou EHAK-PCTV vaise dar motivos aos filhos de puta que matam nenas (Valencia, 2000), proletarios, amas de casa, senhoras da limpeza, ertzaintzas, cocinheiros...
A ETA e inimiga de Euskadi-Nafarroa-Euskal Herria, loita polo poder co EAJ-PNV, nom pola liberdade (eles estam em contra dela). Imaxinade nom so em Euskal Herria, se nom em todo o Estado, a desapariçom da ETA. A autodeterminaçom seria posivel, ou agardar o momento idoneo pra umha declaraçom de soberania. Lembrade outra vez os exemplos de Estonia, Letonia e Lituania.
A min non me extraña que Otegi vaia a cadea, ETA votou PP e o PSOE vai-llo facer pagar.
O PP non ten ética nen dignidade está todos os dias dicendo que o governo pode meter na cadea a Otegi, ilegalizar ANV,... asi o fixeron cando governaron e non o creimos, hoxe a cara descuberta din o que facian Fungairiño, Cardenal,... da xustiza non queda nada, se o governo pode facer como di o PP, meter na cadea a este, ilegalizar ao outro, xa me diredes, e todo esto sen disimular nada. A lei do Oeste o que dispara máis rapido é que ten máis poder.
De acordo em tudo.