Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Proxecto de homenaxe aos "pais" da Constitución

Rexeitan que unha sala do Congreso leve o nome de Fraga

Cualificando o ex presidente galego de "elemento activo da represión", o grupo parlamentario de ERC oponse a que unha estancia do Congreso homenaxee a Manuel Fraga.

Redacción - 09:00 11/06/2007

O presidente da Cámara baixa, Manuel Marín, manexa a idea de que as salas de xuntanza construídas despois da última ampliación do Congreso sexan bautizadas co nome de cada un dos relatores da Constitución de 1978. Marín quere encargar un retrato de cada un deste sete persoeiros e poñer os seus nomes no cabeceiro das salas que agora son identificadas simplemente con números.

Xa que logo, os sete homenaxeados serían: Miquel Roca (CiU), Miguel Herrero e Rodríguez de Miñón (UCD), Gregorio Peces Barba (PSOE), Jordi Solé Tura (PCE), José Pedro Pérez Llorca (UCD); Grabriel Cisneros (UCD) e Manuel Fraga (AP). En activo só permanecen Manuel Fraga e Gabriel Cisneros, os dous integrados no Partido Popular.

En declaracións a Europa Press ao respecto deste proxecto, o voceiro parlamentario de ERC, Joan Tardá, , cualificou de "vergonzoso" que un espazo do Congreso poida chegar a levar o nome dun ex ministro do ditador Francisco Franco. Tardá subliñou que o seu grupo parlamentario votará en contra de "enaltecer a figura dunha persoa que estivo nos gobernos de Franco cando se condenou a morte ao comunista Julián Grimau" ou que "comandaba as forzas represoras que cometeron os asasinatos de Vitoria en 1976".


3,8/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: