Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
PUBLICADA A RESOLUCIÓN NO DOG

Máis de 80 asociacións logran subvención para a súa web en galego

Unhas 600 asociacións recibirán entre 400 e 3.000 euros da Xunta de Galicia para promover a lingua entre a familia, a infancia e a mocidade

Redacción - 08:39 12/06/2007

O DOG acaba de publicar a Resolución pola que a Xunta concede axudas a entidades privadas sen fin de lucro para aumentar o uso do galego. Entre as máis de 600 beneficiarias están 83 entes que recibirán unha subvención para crear ou renovar o seu sitio web.

A Secretaría Xeral de Política Linguística indica que “as axudas oscilan entre os 400 e os 3.000 euros para actividades, como a celebración de congresos, certames, a elaboración de publicidade, revistas, boletíns, xogos, páxinas web e outros recursos audiovisuais, ou a posta en marcha de obradoiros de lingua”.

Este ano as axudas estaban destinadas a ampliar “o uso da lingua galega nas novas tecnoloxías da información e da comunicación, incrementen o uso do galego nas actividades e tempos de lecer e potencien o emprego da lingua nos ámbitos sociolaboral e económico”.

A relación completa de beneficiarios pode consultarse en liña.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: