Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Fútbol sala

Queren declarar ilegal o partido entre Cataluña e a Selección Estatal

O PP no Parlamento Catalán segue turrando contra un partido que xa se celebrou, e levou o asunto á Avogacía do Estado, que vai estudar se houbo ou non delito.

Redacción - 14:32 13/06/2007
Momento do encontro (Foto: Mijail Efremov en El Mundo)

Momento do encontro (Foto: Mijail Efremov en El Mundo)

Os avogados estatais van finalmente estudar en qué condicións se celebrou na segunda feira o partido de fútbol sala entre a Selección Catalá e unha selección amateur de xogadores españois, que non está recoñecida nin pola FIFA nin pola FEF.

O partido -que gañou Cataluña 5 a 3- celebrouse dentro do campionato que organizaba a Asociación Mundial de Futsal (AMF) na localidade de Yakutsk, na Siberia Oriental, envolto en himnos e bandeiras de ámbalas dúas seleccións.

Xa había unha semana que o deputado do PP catalán, Daniel Sirera andaba teimando por prohibir o encontro, ou polo menos prohibir o emprego de "símbolos nacionais" como as bandeiras e himnos. Mais sonaron os dous... Els Segadors e logo o himno británico, por erro. Finalmente soou o himno español e saíron as bandeiras.

E agora vai intervir o Goberno Español

Aínda que non era unha competición oficial, xa que os dous clubes teñen carácter privado, na terza feira o voceiro do PSOE no Congreso, Diego López Garrido dixo que van tratar de investigar, "dende a legalidade ao respecto", "se houbo delito na usurpación de símbolos nacionais". Por outro lado, o secretario de estado para o Deporte, Jaime Lissavetzky dixo que foi todo unha "situación absurda" e que "nunca se vai celebrar unha competición oficial entre España e Cataluña". Lissavetzky tamén dixo que cando o goberno soubo do partido, investigou se esa selección amateur estatal estaba tentando "suplantar" a España, e chamou a todo correr a Siberia, para prohibir o emprego dos "símbolios nacionais".

Todo un conflito arredor dun só encontro, que o PP pensa levar ao Congreso para impedir a particicipación "das seleccións autonómicas nas competicións internacionais", aínda que a ministra de Educación e Ciencia, Mercedes Cabrera, pediu que "non sacasen as cousas de quicio", tras chamar a Siberia para prohibir bandeiras e símbolos, e non atopar ninguén do outro lado da liña.

O adestrador do equipo español quedou chafado...

... ao chegar a Moscú e atopar paseando aos membros da Selección Catalá pola Praza Vermella. Foron eles os que lle dixeron que non ían xogar contra xapón, como agardaba, senón contra eles mesmos. Ángel Chacón protesta agora polo partido, pero non o fixo daquela porque, a algo máis de 12.000 quilómetros da casa, entroulle medo de "quedar tirado". Chacón di que houbo "unha emboscada" para que tivesen que xogar contra Cataluña e que tentou facérllelo saber aos organizadores do partido in situ; mais estes non se enteraban de nada.


5/5 (1 votos)

Comentarios (10)

baltar69 #1 13/Xuño/2007 baltar69

hai por ahí unhas ánsias de prohibir e de ilegalizar!!! qué lles pasa e estes tipos? usurpación de símbolos nacionais? pero que carallo é eso, garrido? si estamos a falar dun trozo de confección e dunha marcha militar que calquera pode tocar. menuda nación...

Tonecha #2 13/Xuño/2007 Tonecha

deacuerdito con Baltar! vaia lea téin montada por un trapiño e por unha cousa que chaman ino ao que tolean por lle poñer letra! co feírrrmo que é! num se entende nada! eu alomenorrr... andan todos a querer ser patriotas ao seu xeito, como nunha competición.

IgnacioMargall #3 13/Xuño/2007 IgnacioMargall

Doce anhos de carcel a cada uno de los que participaron el el partido! Por ultraje a Espanha! Dos anhos de carcel a los de las banderas. Al que toco el himno britanico por error, multa de 10 mil euros e inhabilitacion. Al que toco el himno de Espanha, bueno, a ese ya lo visitaran los de la SGAE para partirle las piernas y ajustarle las cuentas. Asi es la democracia espanhola. Que ilegalizen el partido, al arbitro y a todos los siberianos que son amigos de los amigos de los terroristas!

IgnacioMargall #4 13/Xuño/2007 IgnacioMargall

y todos esos ninhos que juegan la pachanga con la camiseta de Raul de la seleccion, al correccional!

OBSERVADOR #5 13/Xuño/2007 OBSERVADOR

«Aínda que non era unha competición oficial, xa que os dous clubes teñen carácter privado, na TERZA FEIRA o voceiro do PSOE no Congreso, Diego López Garrido dixo que van tratar de investigar[...]»

Sim, senhor, as cousas pelo seu nome. Antes era "televexo" (televisión/televisão), depois foi "estudio" (estudo) e agora "martes" (terza/terça feira).

Entre a primeira e a terceira passaram vinte anos. Boh, menos dá uma pedra... (snif)

Gaviotero #6 13/Xuño/2007 Gaviotero

Pues sí, si sabréis vosotros de trapitos, marchitas musicales basadas en poemas cursis y héroes de pacotilla, teniendo la banderita de la franja celeste, el himno de la nazón de Breogán y ese Castelao que se inventaba la historia...

serbia #7 13/Xuño/2007 serbia

Non entendo moito de leis sobre símbolos nacionais, pero neste caso serán os que xogaron en nome de España os que reciban a multa xa que son os usurpadores do himno, da bandeira...
Os que xogaban para Catalunya tiñan apoio e recoñecemento institucional.
Coido que o que amola ao PP é que a España a pode representar unha asociación de veciños que paga unha viaxe a Siberia e merca as camisolas da selección nacional. Os tipos debían estar cheos, co "vamos machotes, a estos catalanes les vamos a dar por... con dos co...". Ao final non só perderon senón que cometeron un delito.
Se o mirades así, a xustiza si que funciona!!! :D

Wagneriano #8 13/Xuño/2007 Wagneriano

Todos esses que citas som-che símbolos bem mais dignos que a rojiguarra e a marcha falangista, gaivota de má morte.

baltar69 #9 29/Xuño/2007 baltar69

oe, está ben que cada un tire do seu. que si marcha real, que si rafael de riego; que si a walkiria cabalgando ou os pinos mecéndose á brisa. todo está ben. a mín góstame leer o gavioteiro este, ponme de bon humor e aprecio o seu xesto contra corrente, xa está ben de tanto mirarnos o embigo. que fale, que nos encha de ganas de debatir cordialmente. tamén as mañáns da cope ou leer a girauta en libertad digital líbranme de tanta patraña do elordi, do pedro blanco e de tanta ministra anoréxica. aquí collemos todos e bon é que cada quen presente o seu punto de vista, anque quizás o páxaro ese debería argumentar mellor e tirar menos do bulto. en fin...

Barcelos #10 29/Xuño/2007 Barcelos

Delito de que? De alta traizón? Por xogar contra un equipo español?
Cantos anos de cárcere piden para os xogadores? 2000 para cada un?
Anda que vos dean PP
España xa no va ben.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: