Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Municipais07

Xestionado por Vieiros
RSS de Municipais07
Rexeitan pactar con PSdeG e EU-IU

A militancia do BNG ferrolán escolle quedar na oposición

PSdeG e Esquerda Unida gobernarán en solitario en Ferrol, despois de rexeitar o Bloque o convite a integrar un tripartito.

Redacción - 09:00 15/06/2007

Unha maioría de dous tercios da asemblea do BNG en Ferrol este xoves votou a prol de que o grupo estea durante os próximos catro anos nos asentos da oposición municipal. Os nacionalistas debatían a oferta de PSdeG e Esquerda Unida para un goberno conxunto e finalmente decidiron non aceptala.

Na decisión pesou tamén a presunta febleza coa que algúns militantes definiron a oferta concreta de áreas de xestión realizada por PSdeG e EU-IU, criticando que non houbera unha negociación máis estreita sobre a posíbel integración no goberno local. A última oferta dos socialistas incluía para o BNG dúas posíbeis áreas de xestión, a escoller entre Tráfico e Transporte, Seguridade Cidadá e Zona Rural.


4.75/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: