Na rede hai 10.000 fotos roubadas nas praias do Estado, entre elas as de Galiza, alerta o Observatorio Catalán de Internet
Imaxe tomada en Arteixo / Foto: Flickr
O Observatorio Catalán de Internet (OCI) acaba de denunciar a circulación pola rede de preto de 10.000 fotos roubadas nas praias do Estado. Existen unhas 500 sitios web que expoñen este tipo de imaxes, tomadas sen permiso sobre todo nas costas de Galiza, Barcelona, a Costa Brava, a Costa do Sol, Marbella, Alicante, di o o OCI. En sitios moi populares como Flickr tamén se poden atopar imaxes deste tipo.
Véndenas nos móbiles
O presidente do Observatorio, Francesc Canals, explicou que a publicación de fotos roubadas vai en aumento e que xa existen grandes bases de datos en formato gráfico para a súa posterior comercialización a través do teléfono móbil.
Canals distinguiu diferentes tipos de perfís relacionados co consumo e captación de imaxes, como o 'voyeur electrónico' -que fai fotos por autocompracencia-, o 'voyeur' de perfil delituoso, o captador profesional -que traballa para unha empresa relacionada co sexo en internet- ou o 'voyeur' consumidor, que é o consumidor último.
Alegalidade
Ademais, Canals tamén informou de que xa comezan a existir páxinas e foros que difunden xa non só fotografías, senón vídeos de curta duración captados por medio do teléfono móbil. Segundo o presidente do Observatorio, non existe un marco legal 100% definido porque non hai unha lei exclusiva, pero si normativas que rexen o dereito á intimidade e á honra.
Como que alegal? Que eu saiba non se pode sacar ningunha foto a outra persoa sen o seu permiso e moito menos difundila en redes de comunicación!
Pois a ver como o evitas. Desde que hai móbiles que fan fotos e páxinas web que permiten publicar o que queiras isto xa non ten volta atrás.
Así que se vas a unha praia nudista o mellor é que vaias disfrazado de collóns.
El observatorio catalán de internet...si es que estos catalanes tienen todo tipo de paridas sufragadas por los impuestos públicos, eso sí. Vamos, por todos los españoles que les pagamos este tipo de chorradas.
Isto é unha vergoña. Non hai dereito a sacar a un home vestido nunha praia nudista. Que fai ese surfeiro vestido nunha praia nudista?