Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
240 euros por debaixo do Estado

O soldo medio dos galegos sitúase en 1.363 euros ao mes, o cuarto máis baixo do Estado

Medraron seis puntos menos que a media estatal con respecto ao ano anterior, un 3,7% en Galiza por un 4,3% dos españois.

Redacción - 18:42 15/06/2007

Os galegos cobran mensualmente unha media de 1.362,9 euros ao mes sen pagas extras, o que coloca a comunidade como a cuarta cos salarios máis baixos, case 242 euros por debaixo da media estatal, situada nos 1.604,6 euros.

Segundo os datos do Instituto español de Estatística, INE, referidos ao primeiro trimestre de 2007, tan só Estremadura, Murcia e Canarias atópanse por debaixo de Galiza en custos salariais. Ademais, os soldos medraron no país un 3,7% con respecto ao mesmo período do ano pasado, seis puntos por debaixo da media do Estado (4,3%).

Menos que madrileños, que vascos e que cataláns

Con respecto aos territorios cos salarios máis elevados, un galego cobra de media ao redor de 650 euros menos que un madrileño, 500 euros menos que un vasco, e 350 euros menos que un catalán.

Porén, o aumento do custo salarial medio por hora si foi maior que o da media estatal, un 5,3% por un 4,6%. Deste xeito, a hora traballada págase a unha media de 9,6 euros, cantidade que chega até os 11,22 euros de media no Estado.

Por outra banda, as cotizacións obrigatorias á Seguridade Social en Galiza ascenderon até unha media de 523,19 euros, 70 euros por debaixo dos 593,8 da media estatal. Galiza é unha das catro zonas do Estado onde diminuíu esta ratio (-1,9%), namentres que no Estado medrou un 3,2%.


5/5 (1 votos)


Comentarios (3)

ecoe #1 15/Xuño/2007 ecoe

xornal?

roebek #2 16/Xuño/2007 roebek

Non está mal. Onde hai que asinar para gañar esa pasta?

Tino #3 18/Xuño/2007 Tino

Estes datos macroeconómicos levan a erro garrafal:
O q fan é unha media q di q cada galego gaña sobre 1400 E/mes...
Cantas persoas coñecemos q gañen iso? Eu moi poucas, entón ten q haber poucas q gañen moitísimo máis deses 1400 E para q a división dea a 1400 por cabeza...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: