Segundo Magdalena Álvarez, variar o percorrido do tren de alta velocidade causaría un atraso de dous anos na súa posta en marcha.
A ministra de Fomento, Magdalena Álvarez, asegurou que se vai manter o trazado do AVE no tramo que atravesa a mina de Serrabal, porque, doutro xeito, a infraestrutura sufriría un atraso de dous anos. Álvarez fixo estas afirmacións no acto de presentación dun novo avión de loita contra a contaminación mariña este venres en Compostela.
A ministra dixo que xa falara co responsábel de ADIF, Antonio González, sobre a afectación da explotación, que cifrou nun dez por cento, e asegurou que o futuro da mina é duns 42 anos. Ademais, negou que vaia supoñer o peche da empresa.
Se unha infraestructura pasa por un espazo natural de grande valor, destroza calquera monumento ou parte en dous calquera núcleo non pasa nada, pero se choca cos intereses económicos dun empresario a que se arma!!!!
E os empregados da empresa uns manipulados. Seguro que polas leiras ou casas dos seus veciños non se mobilizaban así. Só se miran as cousas a curto prazo.
Isto demostra o poder que posúen os empresarios da minería na Galiza, que poden abrir explotacións a ceo aberto onde lles saia do rabo, inclusive en espazos da Rede Natura, a escasos metros de calquera núcleo ou até case modificar o trazado dun camiño de ferro sen que ninguén se escandalice.
Agora ben, as "autoridades" manteñen unha lei de minas indignante, que nen sequera se cumple.
E seguro que a estes sufridos empresarios os indemnizamos ben(e digo nós, que somos os que pagamos os impostos).