Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Cheo histórico en Balaídos

Gañar ou gañar... e agardar

Ao Celta de Vigo non lle queda outra que conseguir os tres puntos este domingo, e contar con que ou Betis ou Athletic fallen: A permanencia en xogo.

Redacción - 16:45 17/06/2007
O Celta xoga a permanencia este domingo / Foto: www.mundoceleste.ch

O Celta xoga a permanencia este domingo / Foto: www.mundoceleste.ch

O Real Club Celta de Vigo afronta a última xornada de Liga coa necesidade dunha vitoria ante o Xetafe CF este domingo (17:00 horas) na derradeira xornada da Liga de fútbol profesional. Mais non depende só de si mesmo para rematar cantando a Rianxeira.

Nun estadio de Balaídos que rexistrará un cheo histórico, os homes de Hristo Stoitchkov deberán vencer aos madrileños e agardar que a fortuna lle traia resultados favorábeis noutros campos. Así, ben o Athletic de Bilbao ben o Betis de Sevilla, teñen que empatar ou perder os seus respectivos enfrontamentos co Levante de Valencia e co Rácing de Santander, respectivamente.


5/5 (1 votos)


Comentarios (4)

xacataca #1 17/Xuño/2007 xacataca

Forza Celtiña, forza que imos remontar!!!!!

xacataca #2 17/Xuño/2007 xacataca

gooooooooooooooooooooooollllllllllll!!!!!!!!!!!!!!!!!

xacataca #3 17/Xuño/2007 xacataca

gooooooooooooooooooooooollllll!!!!!

2-1

Imos Celtiña!!

xacataca #4 17/Xuño/2007 xacataca

Para isto non cumprían búlgaros :(

Sorte, forza e saúde, Celta.

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: