Galiza perde un dos seus dous representantes na Liga de fútbol profesional. Confírmase que a destitución de Fernando Vázquez non era a solución.
O Celta de Vigo xa é equipo de Segunda división. Malia vencer por dous goles a un ao Xetafe, non se puido lograr o que hai tres semanas xa se percibía como un imposíbel.
Tanto Athletic de Bilbao como Betis de Sevilla lograron gañar ambos os seus dous partidos contra Levante de Valencia e Racing de Santander, respectivamente, polo que os de Vigo fican na antepenúltima posición da táboa e a vindeira tempada non poderán xogar en Primeira.
Finalmente confírmase o que moitos críticos coa directiva xa temían: o cesamento do actual seleccionador nacional, Fernando Vázquez, e a fichaxe do búlgaro Hristo Stoitchkov -un grande xogador, mais sen ningunha experiencia como adestrador- non serviron para frear a caída en picado do Celta de Vigo cara á Segunda.
Cómpre reflexionar e comezar a preparar xa a volta á máxima categoría, para que a Rianxeira volva soar de novo por toda Europa.
Sempre Celta no coraçao ...
A ver se polo menos isto serve para que xoguen -e adestren- os galegos no Celta (e tamén no Depor).
Non caerá esa bévera, Xacataca.
Non imos ter un Celta con xogadores fundamentalmente galegos mentres teñamos un presidente e consello de administración do clube da ideoloxía de sempre.
Curiosamente sempre teñen unha grande tendencia a buscar xogadores que sexan do máis lonxe posible. ¿Por que será? Seguro que por algún interese, aínda que sexa todo o contrario do que se debía facer.
Parabén ao Presidente de parte de Fernando Vázquez
Números:
Vázquez: 31,03% dos puntos en xogo acadados en 29 partidos
Histro: 44,4% dos puntos en xogo acadados en 9 partidos
Os números de Histro en 38 xornadas serían un total de 50 puntos.
Os de Vázquez 35 puntos a final de tempada.
Conclusión: A DESTITUCIÓN DE VÁZQUEZ CHEGOU TARDE!!!!!
Menos Vázquismo e máis realismo!!!!!!!
Iso non ten que ver, Skacha, porque tamén podemos dicir que con Vázquez subiu o equipo de seguna a primeira e inmediatamente, na primeira temporada en primeira, clasificou o Celta para a copa da UEFA, que hai que ter máis memoria.
A razón do descenso non é cousa de entrenadores mais si de xogadores. Xogadores con falta de profesionalidade e xogadores de demasiado lonxe.
En calquera caso, o máximo responsable non é o entrenador. É o presidente e a xunta directiva ou consello de administración do clube.
Iso de cambiar de entrenador cada dúas por tres non é máis que oportunismo demagóxico de cara á galería. A maior parte das veces non serve para nada ou incluso prexudica, ao traer unha persoa que descoñece o equipo. Cámbiase con frecuencia de entrenador porque non se entende de fútbol. Había que facer como os equipos ingleses, que teñen entrenadores que duran máis de 10 anos.
Máis cantera e menos cartera é o resumo do que hai que facer, que é xusto o que non fan nin o Celta nin o Deportivo, que desperdician lastimosamente xogadores que teñen aquí mesmo, sen necesidade de ir ás antípodas a buscalos. Claro que con iso algún beneficio económico tirarán eses directivos...
Sempre coa mesma merda, con presidentes fachas.