O vindeiro 20 de xuño a cantante, acompañada por Alfredo Susavila, interpreta poemas musicados de Rosalía, Curros, Castelao, María Mariño e Lupe Gómez, ademais doutras cancións de composición propia.
Todos os anos a Facultade de Filoloxía da UB pecha o curso cunha actuación que une música e literatura e nesta ocasión convidouse a Filoloxías Galega e Portuguesa a organizar o acto. Carmen Dor, que hai algúns meses estivo actuando na Arxentina, é unha das cantantes máis orixinais do panorama musical galego. Na súa traxectoria fixo incursións no jazz, na bossa nova e no fado. O seu último traballo titúlase "Dora Maar 74". Asistencia por invitación.