O equipo celeste acaba de descender. Vieiros falou con varias peñas celtistas para saber os erros que levaron a esta situación e qué se debe facer para arranxalos.
Falamos con tres presidentes de peñas celtistas e cun membro dos Celtarras. Isto foi o que nos contestaron.
Vieiros preguntou:
1- Cales cres que foron os erros do Celta para chegar a esta situación?
2- Como cres que debe afrontar agora o equipo o futuro?
3- Consideras que se tirou pouco da canteira e que tal vez se podería ter empregado máis?
Óscar Tomé, membro dos Celtarras (levan 20 anos xuntos)
1-"Os erros foron ter unha directiva nova, con pouca experiencia, os cambios varios de adestradores e un chisco de mala sorte puntual nalgúns partidos. Son cousas que foron restando puntos".
2-"Agora temos que procurar rapidamente o ascenso. Están cambiando xente, na directiva, nas categorías inferiores, pero dubido moito que vaian mudar tan rapidamente as cousas. Á nova directiva hai que darlle unha oportunidade".
3-"Dende Celtarras sempre loitamos pola canteira, por ter un equipo plenamente galego, aínda que sexa en 2º".
Amada Lago, presidenta da Peña Os Sufridores Celestes (levan arredor de 3 anos xuntos)
1-"É moi complicado definir cales foron os erros. Foi un cúmulo de moitas circunstancias, onde a mala actitude dos xogadores foi determinante. Os que xogan son eles, e son case os mesmos do ano pasado. Hai algúns que se salvan, pero en xeral faltou loitar por gañar, sobre todo na casa".
2-"O futuro hai que afrontalo coma sempre, rearmándose e ficando só cos xogadores necesarios en 2º -ao resto hai que vendelos-. Hai que facer limpeza".
3-"Creo que non empregar xogadores da canteira non foi un erro, porque moitos deles non están mentalmente preparados para enfrontarse a retos como un partido de UEFA. Pódese contar con eles paulatinamente, como se fixo con Oubiña".
Eugenio Álvarez Estévez, presidente da Peña Canteira Celeste (leva máis de 5 anos), era fotógrafo oficial do Celta até a mañá da segunda feira, cando foi despedido.
1-"Os xogadores teñen parte de culpa... algúns xogadores só. Agora están botando moita xente, e hai moitas dúbidas do que pode pasar nun futuro. Este é un clube pequeno, modesto, que precisa moitos cartos para manterse en 1ª e se se trae xente de fóra, tamén na directiva, van cobrar máis e vanse perder cartos. A culpa non é dos que estabamos arredor, o balón non quixo entrar cando tiña que entrar e os xogadores non estiveron ao cento por cento".
2-"O futuro hai que afrontalo pensando que sen van facer as cousas mellor, que todos os cambios van ser para ben e que como afección e como accionistas hai que facer as reclamacións necesarias no seu momento, para mudar as cousas".
3-"Non creo que se debera tirar máis da canteira. Son os entrenadores os que valoran e ven aos xogadores e eles saben o que fan".
Juan José Docampo, presidente da Peña Os de Sempre (levan 18 anos xuntos)
"O erro máis grande foi a política de fichaxes. Non se fichou practicamente ninguén; o equipo é case o mesmo do ano pasado e o problema meirande foi a mala xestión do presidente que marchou, Horacio Gómez, que foi bastante intelixente e deixou o barco antes que afundira. Se estivese agora mesmo, seguro que non se ía."
"O futuro deprende moito da directiva, xa que eles levan o equipo e deberan estar dispostos a gastar algúns cartos, xa que hai que gastar moitos para manterse en 1ª. Que non vendan fume, que se fagan con xente da canteira para xogar en 2ª cun equipo propia da categoría e con garantías".
"A canteira é unha arma de duplo filo. Hai xogadores que se puideron empregar máis do que se empregaron, en vez de fichar os que se ficharon. Se se deran cartos á canteira! Eu son moi partidario de apoiar a canteira, mais non se pode dicir que con eles se poida ascender ou manterse en 1º con garantías".
Se hai dúas tempadas vía con optimismo a tempada en segunda, agora téñolle medo. Temos un presidente sen experiencia, un adestrador sen experiencia e non sei como andarán as contas despois dun ano en Europa.
Vázquez é un gran adestrador e unha mellor persoa, pero tiña problemas a xogar en casa e así é moi, moi, moi dificil manter a categoría. O problema é que Stoichkov non me parece preparado nin para adestrar ao Celta e menos en segunda, nin para planificar un plantel.
E outro detalle: hai tres tempadas o problema do Celta foi virar o peso do equipo de xogadores moi comprometidos -Karpin- a xogadores desmotivados -Cavallero, Cáceres...- Creo que a leción está aprendida e a metade dos extranxeiros do Celta non deberían estar no equipo: Pablo García, Nené, Lequi, Contreras...
Concordo com Cosova, pero penso que Stoichcov merece umha oportunidade. Tem moito xénio, e isso e bo pra meterlhe canha aos mercenários.
As oportunidades nos equipos filiais. A Stoichkov non o queren nin no Barça xuvenís. Aquí non pinta nada. Mellor que se vaia a "Vulgaria" ou a un equipo vulgar.
Non vos preocupedes que o ano que vén baixa o Deportivo.
"Con Lotina chega a ruína"
Bótano antes de Nadal e o club en bancarrota.
¡Avogado! ¡Avogado!¡Avogado Lendoiro!
¡¡¡Vaiche xa!!!