Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Presidentetourino e Falaconquin .com

Irregular presenza 'virtual' de Touriño e Quintana

Sabemos o correo electrónico do presidente da Xunta? E o do vicepresidente? Teñen web de seu? E na da Xunta, para quen son as fotos e noticias?

Redacción - 13:00 19/06/2007

"O Parlamento elixe a Touriño presidente da Xunta". Van xa case dous anos daquel histórico día en Galiza. Tan gustoso debeu ficar Emilio Pérez, que a 19 de xuño de 2007, exactamente dous anos despois, esta segue a ser a última das entradas no seu blog.

Quen visite a web do presidente do Goberno á procura de información de rabiosa actualidade vai levar un chasco. A última entrada -e polo que semella derradeira- é do 29 de xullo de 2005. Ademais, a actividade de Pérez Touriño non foi tampouco demasiado abafante, tendo en conta os actos previstos na súa axenda.

"Permanente comunicación"

"Síntome moi satisfeito de poder darche a benvida a este novo espazo virtual creado para que poida estar en permanente comunicación contigo, establecer un diálogo aberto e recoller as túas suxerencias, aportacións e inquedanzas de cara á nova etapa que temos por diante", é a benvida do presidente da xunta aos visitantes.

E finaliza con: "Quero mirar o noso país tamén a través dos teus ollos, así pois, convídote a facerme partícipe das túas suxerencias. A través desta páxina, convídote a que colabores activamente para facer realidade o cambio. A túa opinión é para min unha inestimable aportación, que che agradezo de antemán".

E que pasa con Quin?
Outro que tal baila é o vicepresidente do Goberno, Anxo Quintana. Ou bailaba, xa que pouco antes das eleccións, durante a campaña electoral, reactivou a súa bitácora persoal www.falaconquin.com (suponse que Touriño o fai habitualmente). Porén, ao igual que o presidente, a súa axenda non reflexa moita actividade. A elaborada benvida de Quintana aos internautas que visitan a súa web tampouco ten desperdicio: "Unha iluminación das que producen a sensación de estar no medio dun arco iris. E o mellor cava das bodegas catalanas para recibirvos nesta nova casa, a do meu blog".

Comunicación 'bicefálica'
As diplomacias de San Caetano aínda non arranxaron as leas comunicativas entre os dous pés do goberno. Así, por exemplo, a páxina de internet coa información da actividade das diferentes consellarías da Xunta, segue ofrecendo só as das consellarías gobernadas polos socialistas.

Para calquera suxerencia, o mellor é o contacto vía webs oficiais de Presidencia, onde descubrimos o mail presidencial, presidente@xunta.es, e de Vicepresidencia, onde vai o correo electrónico de Quintana? Ou senón sempre se pode botar man do sobre e dos selos e confiar no bo facer do servizo postal.


4,67/5 (12 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: