Agarda que o BNG non tome medidas por ter pactado co PPdeG aínda que asegura que é comprensíbel que o faga.
O pacto entre os catro concelleiros do BNG e os tres do PP de Muros levou a Domingos Dosil á alcaldía. A dirección nacionalista xa advertiu que tomará medidas contra os concelleiros dos tres municipios que racharon o pacto nacional. Dosil recoñece que días antes do pleno houbo contactos da executiva do BNG para intentar que non pactasen cos populares.
Domingos Dosil explicoulle a Vieiros que a maioría da militancia do BNG local estaba en contra dun pacto co PSdeG. Asegura que “a xente está moi queimada por todas as xogadas que nos fixeron os socialistas nos últimos anos”. Dosil é consciente de que o BNG é moi probábel que lles retire o seu aval: “Eu vexo esta posibilidade con desilusión pero resignado. Tamén comprendo que o BNG ten unha política nacional”. Aínda así, afirma que van explicarlle á dirección a razón de ter dado este paso.
A maior parte da súa actividade pública céntrase na etapa en que presidiu a Confederación Galega de Minusválidos, Cogami. Dosil afirma que simpatiza co nacionalismo dende a décadas dos setenta, cando colaborou coa Asemblea Nacional-Popular Galega (AN-PG), aínda que non ten reparo en afirmar que "a coalición ímola levar deixando a un lado a ideoloxía e gobernando para todos".
Escribo nesta ocasión coa intención de facerlle chegar o meu apoio a Domingos Dosil.
Son Moncho Bouzas, que hai uns anos fun Responsábel Local da Asemblea Local de Muros. Agora estou alonxado do nacionalismo organizado mais eso é fariña doutra muiñada que non ten a menor importancia.
Son coñececedor de primeira man polo tanto das deslealtades de dimensións maiúsculas do PSOE muradán a respecto dos sucesivos acordos de goberno PSOE-BNG.
Cando era alcalde Xosé Lago Hermida e perdeu a maioría absoluta aínda non había pacto nacional e o BNG local apostou ( a pesar das reticencias do consello comarcal e nacional ) por manter un goberno progresista en Muros. Aquelo foi dificil e recordo con moito cariño.
Pois Lago Hermida apoiouse no BNG e ao mesmo tempo pretendía reducir á mínima expresión que estaba ao frente dun goberno plural, no BNG puxémonos serios e "movémoslle o sillón". Desde o meu punto de vista aquelo foi efectivo e comezaba a notarse o que hoxe chamariamos un novo talante.
A mala fortuna fixo que Lago Hermida falecera nun accidente de bicicleta atropelado en Louro.
No BNG fomos exquisitos e permitimos, respetando a soberanía do PSOE, a recomposición do goberno de progreso con Celestino Formoso como alcalde.
Cando con Lago Hermida xa tiñamos avanzado, a actitude política de Celestino levounos de novo ao punto cero.
Os méritos eran do PSOE e os erros todos culpa do BNG. Era un home de perfil político baixo, non tiña nada que ver con Lago Hermida.
Formoso acabou expulsando do equipo de goberno aos concelleiros do BNG sen ningún motivo máis que a arbitrariedade e supoño que en seguimento das teses Vazquistas das que coido que participaba,e pactando co PP polo que estivo de Primeiro Tenente de Alcalde o cabeza de lista do PP.
As cidadás e cidadáns volveron a expresar nas urnas a vontade de goberno de progreso.
O BNG a pesar de todo acata as directrices nacionais e executa o acordo( que naquel momento era nacional para o BNG pero no PSOE a postura oficial do partido era negociar caso a caso). A tensión sempre foi manifesta e pública, máis acotaronse axeitadamente os ambitos de responsabilidade de cada forza política e o pacto funcionou razonablemente ben en ocasións e e outras como o rosario da aurora ata que desafortunadamente Formoso falece prematuramente dunha afección coronaria e accede á Alcaldía Caridad González.
Eu a esta alcaldesa xa non a coñecín sendo membro do BNG mais sí pola relación que mantiña co Concello como integrante activo do asociacionismo esteirán.
Se Celestino era de perfil político baixo, Caridad baixou o listón ata un punto que a min persoalmente me parecía moi triste. Con diferencia na miña opinión a persoa con menor capacidade e formación política de todos os rexedores de Muros na historia, e digo esto sendo benévolo. Podedesme creer.
Con respecto ao pacto PSOE-BNG Caridad tamén expulsou sen motivo aos concelleiros do BNG e quedou ao frente dun goberno en minoría.
Se con estes antecedentes o BNG de Muros volve a executar o acordo nacional condenando ás veciñas e veciños de Muros a padecer a ineptitude na xestión dunha rexedora que ademáis tampouco tiña moito criterio político, pois mirade o BNG deixaría de ser unha ferramenta válida para os e as nacionalistas do Concello de Muros.
O BNG de Muros fixo o mellor que podía facer, e como resultado temos o que potencialmente pode ser o mellor alcalde de Muros na historia da democracia, que ademáis é nacionalista.
Se non pode ser nas filas do BNG pois que formen un partido nacionalista de ámbito local con acordos co BNG noutros ámbitos, pedindo o voto para o BNG nas autonómicas e estatais, etc..
E que a través desta nova formación se favoreza a gobernabilidade do Concello de Muros que é unha obriga de cara a cidadanía e non para os partidos polo que se ve.
Domingos Dosil, que saibas que estou contigo ao igual que moita outra xente que coñezo.
O mellor para o Concello de Muros é que o PSOE pase á oposición despois de dúas décadas no poder e que se abra camiño a novas vías, a outras alternativas.
Domingos, teño plena confianza en ti.
Noraboa e ánimo.
Estou totalmente dacordo con Moncho Bouzas. Muros necesitaba un revulsivo despois de máis de dúas décadas de gobernos socialistas. Polo demáis, a anterior alcaldesa gañouse en ben pouco tempo unha fama de autoritaria que non vai cos tempos que corren.
Agardo que o BNG teña a suficiente intelixencia como para xestionar esta situación como corresponde.
Toda a sorte do mundo para o novo governo e para os nacionalistas muradáns.
Poida que a anterior alcaldesa fora un tanto autoritaria, non o sei. O que si sei é que o novo xa tivo unha lea con funcionarios cando chegou, segundo din os xornais. Que haxa sentidiño para todos que fai boa falta.