Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
billarda

A espectacular "Apoteose do Perico" no Súper-5 Parroquial

Ao final o año da billarda foi este ano para o equipo de San Cosme, que loitou contra as catro parroquias que cobizaban o malpocado animaliño.

Redacción - 11:44 20/06/2007

Vieiros publica íntegra a crónica enviada en exclusiva a este xornal por O Varal, sobre o torneo de verán da Liga Nacional de Billarda, LNB: a Súper-5 Parroquial, na que venceu o equipo de San Cosme, levando con eles o cobizado bichiño xa coñecido como o "Perico da LNB".

San Cosme vive a espectacular apoteose do Perico no Súper-5 Parroquial de billarda
Toda a festa vivida o domingo pasado no Santiago Bernabeu pódese calificar de simple "picaraxada" comparado co acontecido durante as intensas oito horas, interrompidas unicamente para un único avituallamento de empanadas, chourizos e viño, co que os máis grandes deportistas do eido tradicional puideron resistir os empurróns da tensión e as descargas de adrenalina na desputa do Súper-5 Parroquias 2007, que converteu o pavillón de San Miguel (no Concello de Barreiros) nun fervedoiro de paixóns desbocadas.

Quen ía ficar co ansiado Perico da LNB?
Mais un elemento eclipsou as grandes estrelas da billarda: todo o país estivo pendente do futuro dun año, o coñecido popularmente xa como o "Perico da LNB", que foi o foco de atención nunha xornada na que xa nada importaba o que acontecera nun circuíto estadounidense de Fórmula 1, nin importaba qué equipo de futbol se facía cunha devaluada competición ligueira. A gran cuestión deste domingo 17 de xuño era saber qué selección parroquial ía quedar co Perico da LNB.

Poderían os Búfalos de Remorelle, despois da súa intensa e exhaustiva preparación previa, debutabar no interparroauial e facerse co desexado año? Podería Celeiro vingarse dos Diaños brancos de San Cosme? Revalidarían os Paxaros Laranxas de Lourenzá a culler de pau? e os arraianos de Astur-Eo, sorprenderían de novo coa súa táctica?

Moitas incógnitas para unha soa resposta posible
Co solpor iniciose a competición, Os Búfalos de Remourelle, as cinsentas da competición desvirgábanse contra Aste-Eo. A guerra táctica e psicolóxica dos días previos desembocou nun partido de infarto na que os dous capitáns de ámbalas dúas seleccións, Ginés polos de Remourelle e David polos arraianos, tiveron que desempatar na sempre fraticia billarda máis longa. Finalmente foi David o que temperou mellor os nervos e a punteiría nunha desputa captada en toda a súa intensidade pola cámaras de Tele-Varal.

Os do Astur-Eo pasaban á seguinte rolda deixando aos Búfalos de Remourelle na cuneta e en garda para coñecer ao seu contrincante. Os Paxaros Laranxas de Lourenzá chegaban a este SUPER-5 dispostos a facer algo grande e para iso tiñan que vencer aos sempre perigosos Celeiro de Mariñaos.

Se na Súperliga Vicente arrasou con Zidane, esta vez a selección parroquial de Ismael Zidane deixou KO a unha sempre prometedora Lourenzá que se quedou fóra da loita polo Perico ás primeiras de cambio.

Era a quenda de San Cosme, os campións do 2006, quedeixaban claro fronte aos do Astur-Eo que eles viñan revalidar o título, xa que os arraianos non puideron en ningún intre frear o pulo dos Diaños Brancos.

Así as cousas, os Búfalos de Remourelle fronte aos Paxaros Laranxa de Lourenzá xogaron unha partida a cara de can, esquivando a culler de pau. Pese a que Remourelle contou neste partido co concurso do gran Paco Mariña, batería dos míticos Alkarpa e pese á súa estratexia, os Búfalos non puideron frear co empurre dos de Lourenzá, que a pesar de contar nas suas filas cun lesionado Xermán Viluba, souberon reinventar o xogo, sobre todo coa espectacular actuación de Edelmiro, o gran palanador de Pousada, que pode ser unha das grandes sorpresas na lista de convocados pola Selección Galega de Billarda para a desputa da Copa Cantábrica.

O Perico facía a súa triunfal chegada xusto para presenzar a gran final
Coa culler de pau adxudicada a Remourelle só faltaba saber para donde ía ir o Perico da LNB, que facía a súa espectacular chegada ao pavillón de San Miguel xusto para presidir a final no palco de autoridades, intre que foi captado tamén polas cámaras de Tele-Varal.

Celeiro e San Cosme volvían verse un ano despois na final. O cheiro do Perico e da vinganza salpicou o ambiente dende o inicio da final.

Pericos e billardas contra o imperialimo deportivo, outro deporte é posíbel!!
Pese a que Celeiro comezou moi ben o combate, o nervosismo e a tensión imposta por San Cosme rematou por saltar ao banco de Celeiro, descentrando a palanadores tan experimentados coma Zidade ou Juan Pico, que case saltan ao pescozo dalgúns contrincantes que empregaron a "picaresca" dos equipos gregos e serbios para vencer a unha desquiciada selección de Celeiro.

San Cosme mantén a hememonía parroquial e van ser os que despachen o Perico da LNB ou gran estrela desta fin de semana de infarto. Pericos e billardas contra o imperialimo deportivo, outro deporte é posíbel!!


Ligazóns

3,67/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



O equipo gañador, o San Cosme, e o Perico da LNB
O equipo gañador, o San Cosme, e o Perico da LNB
Un momento das partidas entre as parroquias combatentes
Un momento das partidas entre as parroquias combatentes
A chegada do ansiado Perico, e mailos seus transportadores oficiais
A chegada do ansiado Perico, e mailos seus transportadores oficiais