Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
ECOLOXISTAS E CLUBES DE FÚTBOL CON ESPAZOS PROPIOS

Xa hai Youtube en portugués

O portal de vídeos lanza versións en oito novos idiomas e incorpora un milleiro de provedores de contidos

Redacción - 12:06 20/06/2007

O xigante dos vídeos en internet, You Tube, acaba de lanzar nove versións en Brasil, España, Irlanda, Italia, Xapón, Holanda, Polonia e o Reino Unido. Os novos portais están no principal idioma de cada estado e, ademais, ofrecen unha oferta de vídeos adaptada á actualidade local.

Con esta expansión, You Tube realiza un movemento moi importante para liderar os contidos de internet, xa que máis da metade da súa audiencia actual procede de fóra dos Estados Unidos.

Ecoloxistas no Youtube
Ademais, o portal anunciou a incorporación de 1.000 novos canais manexados por importantes institucións, 150 delas europeas. A televisión Antena 3 e os clubes de fútbol Bacelona e Real Madrid son algunhas das organizacións do Estado que publicarán os seus vídeos a través do You Tube.

No eido internacional, destacan as achegas de asociacións ecoloxistas como Médicos do Mundo, Amigos da Terra e Greenpeace.

A través destes acordos, You Tube tenta evitar denuncias dos provedores de contidos, fartos de que os internautas colguen vídeos sen o permiso dos donos do copyright, cuestión que é a principal ameaza para o futuro desta firma, controlada por Google.


5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: