Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Indonesia e Tailandia

Acusan a Australia de provocar unha "carreira armamentista" na rexión

O encargo de tres navíos de guerra a Navantia enmárcase nun importante proxecto de defensa do país austral ante a "inestabilidade da zona Asia-Pacífico".

Redacción - 12:00 20/06/2007

A adquisición de tres novos buques de guerra e dous vehículos anfibio para o transporte de tropas por parte da mariña Australia aos estaleiros de Navantia forma parte dun proxecto máis amplo do goberno do país para reforzar a súa capacidade armamentista.

Este plan, que conta cun orzamento de 40.000 millóns de dólares, foi lanzado polas autoridades australianas, segundo argumentaron, ante "a inestabilidade que está a vivir a rexión Asia-Pacífico".

Exercicios militares

Porén, os gobernos de Indonesia e de Tailandia xa amosaron a súa preocupación pola estratexia australiana, e advertiron de que o reforzo da capacidade bélica deste país vai provocar unha contraproducente carreira "armamentista" na zona.

Esta mesma semana, ao redor de 30.000 efectivos dos exércitos de Australia e EUA realizaron un exercicio militar en augas setentrionais da rexión asiática do Océano Pacífico.

Máis información no diario australiano The Sidney Morning Herald e en BBC News.


2/5 (4 votos)

Comentarios (1)

ecoe #1 20/Xuño/2007 ecoe

Do que se trata é de que por detrás os USA están promovendo o rearmamento no Pacífico: Xapón, Corea Sur, Australia. O obxectivo xeopolítico é a China e a India.

Como sempre os USA facendo por un mundo máis pacífico e xusto!!

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: