Open Vieiros

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
'Dragona'

Xavier Queipo presenta o seu novo libro en Bruxelas

O acto desenvolverase na libraría Orfeu, dedicada á literatura galega e portuguesa, co apoio do Couto Mixto bruxelense.

Redacción - 19:26 20/06/2007
Xavier Queipo / Foto: Ce-Tomé

Xavier Queipo / Foto: Ce-Tomé

Xavier Queipo presenta esta quinta feira en Bruxelas o seu último libro, Dragona. O autor, afincado na capital belga, dará a coñecer a novela na libraría Orfeu, especializada en literatura galega e portuguesa, ás seis e media da tarde.

En Dragona, editada por Xerais, Queipo ofrece unha novela de personaxes ambientada na cidade do esteiro, por onde circulan personaxes atípicas chegadas de todo o mundo. A obra avanza na innovación literaria do autor e mergúllase no “outro lado” do que falaba Cortázar, como unha parábola do futuro que nos agarda. A presentación literaria conta coa colaboración do Couto Mixto de Bruxelas.


Ligazóns

3,4/5 (5 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: